Liutprando
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Liutprando, nado antes de 690, foi fillo e sucesor do rei dos longobardos de Italia, Ansprando duque de Asti, e reinou de xuño de 712 a 744.
Remove ads
Traxectoria
Tentou en van unificar a Península Itálica baixo o dominio longobardo e entrou con regularidade en conflito co Papado. Someteu aos duques longobardos semiindepententes de Spoleto e de Benevento e tentou expulsar definitivamente aos bizantinos de Italia, especialmente ao cercar Rávena en 734.
Tiña boas relacións cos francos, participou na batalla do estanque de Berre contra as forzas arabo-musulmás (derrota musulmá de 739), onde participou igualmente o futuro rei franco, Pipino o Breve. En 737, asociou ao poder a Hildeprando, o seu neto. Fixoi que se volvesen prohibir os matrimonios mixtos entre longobardos e romanos, matrimonios que foran autorizados desde o final do século VII, probabelmente para manter a cohesión nacional do pobo longobardo e dos outros pobos aliados (saxóns, xépidos, búlgaros etc…), fronte a masa autóctona, moito máis numerosa.
Remove ads
Trazos e características
Rei piadoso e sabio nas súas decisións, bo xefe militar, foi o máis grande dos reis longobardos. Foi enterrado en Pavia, a capital longobarda. Medía sobre 1,73/1,74 m, talle bastante por riba da media para a época e en relación aos outros «italianos» da península.
Véxase tamén
Outros artigos
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
