Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua tocaria ou o conxunto de linguas coñecidos como tocario, é a rama máis descoñecida dos idiomas do grupo indoeuropeo. Formado por dous idiomas, tocario A (turfanio, arsi ou tocario oriental) e tocario B (cucheano ou tocario occidental). Estas linguas faláronse aproximadamente entre os séculos VI e século IX, antes de que se extinguisen ao se asimilaren os seus falantes coas tribos uigures.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Linguas tocarias | ||
---|---|---|
Falado en: | China | |
Rexións: | Rexión Autónoma de Xinjiang, Conca do Tarim | |
Total de falantes: | Lingua morta dende o século VIII, aproximadamente | |
Familia: | Indoeuropea Linguas tocarias | |
Escrita: | Alfabeto tocario | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Non. Lingua morta | |
Regulado por: | Non existe | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | - | |
ISO 639-2: | ine | |
ISO 639-3: | ambos:xto — Lingua tocaria Atxb — Lingua tocaria B
| |
Mapa | ||
Status | ||
Ambas linguas faláronse na Conca do Tarim en Asia Central, no que na actualidade é a provincia chinesa de Xinjiang. O nome vén dos tocarios (en grego: Τόχαροι, "tokharoi") dos historiadores gregos (Tolomeo VI, 11, 6). Estes identifícanse en ocasións cos yuezhi e os cuxanos, e a estremeira Tocaristán normalmente fai referencia á Bactria do primeiro milenio. Un texto túrquico refírese á lingua turfania (tocario A) como twqry. A súa interpretación é difícil, pero F. W. K. Müller asociouna co nome dos tokharoi de Bactria.
Foneticamente, o tocario é unha lingua centum (pronunciado /'kentum/) da familia indoeuropea, caracterizada pola fusión das consoantes palato-velares coas velares (*k, *g, *gh), o que se adoita asociar cos idiomas indoeuropeos falados na zona europea (linguas itálicas, linguas celtas, linguas xermánicas, grego...). Neste sentido parece que o Tocario está illado dentro da zona das linguas do grupo "satem".
Nótese que os valores consonánticos anteditos están baseados normalmente na escrita dos préstamos do sánscrito e do prácrito. Sospéitase por exemplo do valor retroflexo para /ʂ/ nos derivados do /s/ palatalizado. Probablemente é a pouco frecuente sibilante /ʃ/ (como a do galego <x>), oposta á frecuente sibilante /ɕ/ (como o grafema Pinyin do mandarín <x>).
O tocario reelaborou completamente o sistema flexivo nominal do protoindoeuropeo. Os únicos casos herdados da lingua común son nominativo, xenitivo, e acusativo; en tocario o antigo acusativo é coñecido como o caso oblicuo. Ademais destes tres casos, porén, cada lingua tocaria ten seis casos formados pola adición dun sufixo invariábel ao caso oblicuo. Por exemplo, a palabra do tocario A käṣṣi "mestre" declínase do seguinte xeito:
Caso | Sufixo | Singular | Plural |
---|---|---|---|
Nominativo | käṣṣi | käṣṣiñ | |
Xenitivo | käṣṣiyāp | käṣṣiśśi | |
caso oblicuo | käṣṣiṃ | käṣṣis | |
Instrumental | -yo | käṣṣinyo | käṣṣisyo |
Perlativo | -ā | käṣṣinā | käṣṣisā |
Comitativo | -aśśäl | käṣṣinaśśäl | käṣṣisaśśäl |
Alativo | -ac | käṣṣinac | käṣṣisac |
Ablativo | -äṣ}} | käṣṣinäṣ | käṣṣisäṣ |
Locativo | -aṃ | käṣṣinaṃ | käṣṣisaṃ |
Existen documentos en tocario na forma de fragmentos de manuscritos, a maioría do século VII e do século VIII (con algunhas excepcións anteriores), escritos sobre follas de palmeira, táboas de madeira e papel chinés, preservados grazas ao clima extremadamente seco da Cunca do Tarim. Atopáronse mostras da lingua en Cucha (Kucha) e Caraxahar (Carashahr), incluíndo moitas inscricións murais.
Os tocarios A e B non eran mutuamente intelixíbeis. Propiamente falando, baseándose na interpretación de twqry como relacionado con tokharoi, só ao tocario A lle poderíamos chamar Tocario mentres que o tocario B debería ser chamado cucheano (o seu nome nativo podería haber sido kuśiññe), pero posto que as súas gramáticas se adoitan tratar xuntas nos libros especializados, os termos A e B resultan de utilidade. A lingua común, proto-tocario, debeu preceder en varios séculos a estas dúas linguas, sendo probabelmente do primeiro milenio antes de Cristo.
O alfabeto que usaron os tocarios deriva do alfabeto silábico brahmi do norte da India, denominado Brahmi inclinado. Pronto descubriuse que unha gran proporción dos manuscritos eran traducións de coñecidas obras budistas en sánscrito, mesmo algunhas delas están en textos bilingües, o que facilitou o descifrado do idioma. Ademais de textos relixiosos budistas e maniqueos, tamén apareceu correspondencia entre mosteiros así como textos sobre a súa contabilidade, documentos comerciais, permisos de caravanas, textos máxicos e medicinais e mesmo un poema de amor. Moitos tocarios abrazaron a dualidade maniquea ou o budismo.
A existencia dos idiomas tocarios e o seu alfabeto descoñecíase completamente ata que uns descubrimentos casuais a principios do século XX deron algo de luz aos fragmentos de manuscritos nun, entón, alfabeto descoñecido que resultou que pertencían a unha rama descoñecida da familia indoeuropea.
O descubrimento do tocario alterou algunhas das teorías sobre as relacións entre as linguas indoeuropeas e deu novo pulo aos estudos lingüísticos. As linguas tocarias son unha grande excepción xeográfica no patrón habitual de distribución das ramas indoeuropeas, sendo a única que se expandiu para o leste a partir do punto de orixe teórico inicial das linguas indoeuropeas.
O tocario probabelmente desapareceu despois do ano 840, cando os uigures foron expulsados de Mongolia polos kirguiz e se estableceron na cunca do Tarim. Esta teoría vén avalada polo descubrimento de traducións de textos tocarios ao uigur. Durante o goberno uigur, os dous pobos mesturáronse para dar como resultado unha considerábel proporción da poboación actual de Xinjiang.
Mostra de vocabulario tocario | ||||||||||||
Galego moderno | Tocario A | Tocario B | Grego antigo | Latín | Sánscrito | *Proto-Indoeuropeo | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
un |
sas |
şe |
heis |
ūnus |
eka |
*oinos ou *sems |
¹ = Cognado, con significado cambiado ² = Palabra en galego con significado aproximado
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.