Lingua From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua selk'nam ou lingua ona,[3] é unha lingua propia do pobo selk'nam, unha tribo indíxena da Illa Grande da Terra do Fogo, no punto máis meridional de América do Sur.
Selk'nam | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Ona | |
Falado en: | Chile e a Arxentina | |
Rexións: | Patagonia, Terra do Fogo. | |
Total de falantes: | ~1[1] | |
Familia: | Chon Chon insular Selk'nam | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | ona
| |
Mapa | ||
Status | ||
Forma parte da familia das linguas chon da Patagonia. O selk'nam está case extinto por mor do xenocidio selk'nam realizado por inmigrantes europeos a finais do século XIX, a alta taxa de mortalidade por epidemia, e a desaparición da súa sociedade tradicional. Hai fontes que estabelecen que o derradeiro falante fluído nativo morreu na década de 1980,[4]:92 mentres outras apuntan a existencia de dous falantes superviventes no 2014.[5] Keyuk Yantén, un rapaz chileno con devanceiros selk'nam,[6] e Herminia Vera, unha muller selk'nam arxentina que finou no 2014[1], eran quen de comunicarse na lingua,[1] aínda que só como semifalantes ou falantes cun coñecemento pasivo limitado da lingua. O nome "ona" provén da lingua yámana e prevaleceu sobre selk'nam, nome que eles utilizaban para autodenominarse.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.