lingua dos sefardís, variante do español From Wikipedia, the free encyclopedia
O ladino[3] (לאדינו) ou sefardí[4] (ג'ודיזמו), coñecido tamén como xudeoespañol[5] (letra hebrea: גודיאו-איספאנייול), foi a lingua falada polas comunidades xudías da Península Ibérica ata 1492. Hoxe en día fálase polo pobo sefardí principalmente en Israel, Grecia e Turquía.[6][7][8] Derivada do castelán medieval, o sefardí tamén ten características de varios idiomas peninsulares. Sendo unha lingua do pobo xudeu, contén influencia do hebreo, e tamén doutras linguas vernáculas como turca, grega ou árabe, dependendo do ambiente.
Lingua sefardí Djudeo-Espanyol גֿודֿיאו-איספאנייול | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Ladino, sefardí | |
Falado en: | Israel, Turquía, Estados Unidos, Francia, Grecia, Brasil, Reino Unido, Marrocos, Bulgaria, Italia, Canadá, México, Arxentina, Uruguai, Serbia, Bosnia e Hercegovina[1], Macedonia do Norte, Tunisia, Bélxica, Suráfrica e España entre outros. | |
Rexións: | Conca do Mediterráneo (nativo) | |
Total de falantes: | 100 000 (2005) en Israel 10 000 en Turquía e 12 000 noutras zonas (2007) | |
Familia: | Indoeuropea Románica Itálico Romance Románica occidental Galoibérica Ibero-románica Ibero-occidental Castelán medieval Lingua sefardí | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Como lingua minoritaria: Bosnia e Hercegovina Francia Israel Turquía | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | lad | |
ISO 639-3: | lad
| |
Mapa | ||
Status | ||
O nome ladino (de "latino") vén do costume rabínico de traducir as escrituras hebraicas orixinais ás linguas romances (é dicir, de orixe latina), principalmente ao castelán. Con todo, os sefardís xeralmente referíanse a ela como espanyol ou djudezmo. No caso do haquetía de Marrocos, existe unha forte influencia do árabe.
Sefardí | Castelán | Galego |
El djudeo-espanyol o ladino es la lingua avlada por los sefardim, djudios ekspulsados de la Espanya enel anyo 1492. Es una lingua derivada del espanyol i avlada por 150.000 personas en komunitas en Israel, la Turkiya, antika Yugoslavia, la Gresia, el Marroko, i Puerto Riko, entre otros. | El judeoespañol o ladino es la lengua hablada por los sefardíes, judíos expulsados de España en el año 1492. Es una lengua derivada del español y hablada por 150.000 personas en comunidades en Israel, Turquía, la Antigua Yugoslavia, Grecia, Marruecos, y Puerto Rico, entre otros. | O xudeoespañol ou ladino é a lingua falada polos sefardís, xudeus expulsados de España no ano 1492. É unha lingua derivada do español e falada por 150.000 persoas en comunidades en Israel, Turquía, a antiga Iugoslavia, Grecia, Marrocos e Porto Rico, entre outros. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.