From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua khoekhoe (nome oficial: khoekhoegowab), tamén denominada historicamente nama e hotentote, é unha lingua khoisa, a que ten máis falantes e a que se estende por un territorio maior.
Khoekhoe, Nama Khoekhoewab | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Hotentote | |
Falado en: | Namibia Botswana Suráfrica | |
Rexións: | río Orange, Namaqualand (Terra dos nama) | |
Total de falantes: | 200 000±10 000 (2011) | |
Familia: | Linguas khoisas Khoe-kwadi[1] | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | - | |
ISO 639-3: | hgm naq hgm
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua khoekhoe pertence á familia khoe,[1] e fálase principalmente en Namibia (no mapa adxunto indícase a distribución deste idioma nese país), Suráfrica e Botswana, e por tres grupos étnicos, os nama, os damara e os haiǁom.
Parece que os damara tomaron a linguaxe, xunto cos nama, en Botswana, e que emigraron a Namibia cada grupo por separado. Os haiǁom, que falaran unha lingua juu, máis tarde pasaron a falar khoekhoe. Georg Friedrich Wreede foi o primeiro europeo que estudou o idioma, despois de chegar á Cidade do Cabo en 1659.
De acordo con Ethnologue, hai 202 000 falantes (dos cales, 200 000 en Mamibia; 2 000 en Suráfrica e 200 en Botswana).[2]
O khoekhoegowab é lingua nacional en Namibia. En Namibia e Suráfrica, a radio emite, entre outros, neste idioma. En Namibia, o khoekhoegowab, a pesar de que o inglés é o idioma oficial da república, é un dos idiomas vehiculares do ensino, desde a educación primaria até a universitaria.
O khoekhoe ten 5 vogais e 31 consoantes.
Algunhas frases típicas son:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.