Lince común
From Wikipedia, the free encyclopedia
O lince común,[2] Lynx lynx, é unha especie de felino do xénero Lynx, o representante internacionalmente máis coñecido e o maior do seu xénero, chegando aos 135 cm de lonxitude e aos 35 kg de peso, é nativo de Europa e Asia. Habitou en Galicia, e mais no norte da Península Ibérica.[3] A existencia do lince común en Galiza data de máis de 11 000 anos e tense constancia documentada dende finais do século XVII. Os nomes tradicionais que recibía eran o de lobo cerval ou lobo rabaz.[4]
Lince común Lynx lynx | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Lynx lynx (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||||
![]() Distribución do Lynx lynx | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Distribución e subespecies

- L. l. lynx: subespecie difundida por Escandinavia, Finlandia, Países bálticos, Polonia, Belarús, gran parte de Rusia e Siberia Occidental.
- L. l. carpathicus: Subespecie centroeuropea, orixinalmente esparexida de Gran Bretaña ao Mar Negro pero que agora está reducida a algunhas áreas montañosas de Romanía, Eslovaquia, Croacia, República Checa, Eslovenia e Suíza, con algunhas áreas en Italia, Alemaña, Austria e Ucraína. Mais tamén se reintroduciu recentemente nos Alpes franceses.
- L. l. martinoi: Península balcánica.
- L. l. dinniki: Cáucaso, Turquía e noroeste de Irán.
- L. l. isabellinus: Tíbet, montes Tian Shan e outras áreas montañosas de Asia Central.
- L. l. wardi: Rexión do Altai.
- L. l. kozlovi: Ao sueste do lago Baikal.
- L. l. wrangeli: Siberia Oriental, península de Kamchatka e zonas limítrofes de Mongolia e Manchuria. É a subespecie máis abondosa, á que pertencen máis do 80% dos linces comúns actuais.
- L. l. stroganovi: Rexión do río Amur e a illa de Sakhalin, chegando ata Corea do Norte e a península de Liaoning.
- L. l. sardiniae extinguida cara 1967, habitaba Sardeña e poida que tamén Córsega.
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.