Liga Mexicana de Béisbol

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A Liga Mexicana de Béisbol, ou LMB, é o principal campionato de liga de béisbol profesional que se disputa en México. Trátase dunha liga de verán, a diferenza doutras ligas de béisbol mexicanas menos importantes que discorren durante os meses de outono e inverno (como a Liga Mexicana do Pacífico, ou LMP). Así pois, a LMB comeza cada ano en marzo e remata en agosto cos play offs.

Datos rápidos Tipo, Deporte ...
Remove ads

Polo número de espectadores que enchen os estadios, a LMB é a cuarta liga de béisbol máis importante do mundo, despois da MLB norteamericana, da NPB xaponesa e da KBO surcoreana.

Remove ads

Liga menor

A Liga Mexicana de Béisbol naceu no ano 1925 e dende 1955 forma parte do béisbol organizado norteamericano. A LMB é unha minor league de nivel AAA, o que quere dicir que ten a máxima categoría dentro da estrutura das ligas menores da MLB norteamericana. As ligas menores son torneos asociados á MLB nas que os equipos traballan cos seus xogadores, con promesas saídas do sistema deportivo universitario norteamericano e con outros xogadores que os equipos da MLB queren poñer a proba. Moitos equipos da Liga Mexicana de Béisbol teñen acordos asinados en exclusiva con equipos da Major League Baseball para a cesión de xogadores. A Liga Mexicana de Béisbol ten a particularidade de ser a única competición pertencente ó béisbol organizado norteamericano que está enteiramente fóra dos Estados Unidos.

Remove ads

Formato

O campionato 2011 xogouse a 40 series, 24 fronte a rivais da mesma zona (catro fronte a cada equipo, dous como local e dous como visitante), e 14 fronte a rivais da outra zona (dous fronte a cada equipo, un como local e un como visitante). Os primeiros 90 encontros se xogáronse en series de tres (30 series), mentres que as series restantes se xogaron a dous partidos (10 series). En total cada equipo xogou 110 encontros. No medio da tempada regular, a finais de maio, xogouse un "encontro das estrelas".

Ó remate da tempada regular, os catro mellores equipos de cada zona xogaron os play offs. Primeiro o primeiro de cada zona fronte ó cuarto, e o segundo fronte ó terceiro, en eliminatorias ó mellor de sete encontros. Despois os gañadores de cada eliminatoria enfrontáronse entre si nas series do campionato ó mellor de sete encontros. Os equipos campións de cada zona (Norte e Sur) enfrontáronse por último nas series finais, tamén ó mellor de sete encontros, e o gañador foi o Campión da Liga Mexicana de Béisbol. Nas Series Finais ten vantaxe de campo o equipo pertencente á zona que gaña no "encontro das estrelas".

Remove ads

Equipos

Thumb
Generales
Mariachis
Rieleros
Bravos
Guerreros
Olmecas
Piratas
Localización dos equipos da Liga Mexicana de Béisbol:     Zona Norte     Zona Sur
Máis información Zona, Equipo ...

Campións

Os equipos máis dominadores da historia da LMB son os Diablos Rojos del México, os Tigres de Quintana Roo e os Sultanes de Monterrey, con 16, 12 e 10 títulos respectivamente.

Máis información Equipos, Campionatos ...
Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads