A American League of Professional Baseball Clubs (do inglés: Liga Americana de Clubs Profesionais de Béisbol) ou American League (AL), é unha das dúas ligas de béisbol que conforman a Major League Baseball (MLB) nos Estados Unidos e o Canadá. A competición xurdiu da Western League, unha liga menor con sede nos estados dos Grandes Lagos, a cal conseguiu o status de liga maior en 1901. Ás veces é coñecida como "Junior Circuit" en contraposición á National League, fundada 25 anos antes e coñecida como o "Senior Circuit".

Datos rápidos Tipo, Deporte ...
Modelo:Competición deportivaAmerican League
Thumb
(1907)
Tipoliga deportiva Editar o valor en Wikidata
Deportebéisbol Editar o valor en Wikidata
OrganizadorMajor League Baseball Editar o valor en Wikidata
Parte deMajor League Baseball Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísEstados Unidos de América e Canadá Editar o valor en Wikidata
Vixencia1901 – Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoBoston Red Sox Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialmlb.com Editar o valor en Wikidata

Western League (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Pechar

Ao final de cada temporada, o campión da American League xoga contra o campión da National Legaue nas coñecidas como Series Mundiais. Até a actualidade tan só en dúas temporadas non se xogaron as Series Mundiais: en 1904, cando os New York Giants se negaron a xogar contra os campións da AL; e en 1994 debido a unha folga de xogadores. Os equipos da American League teñen gañado máis veces as Series Mundiais, sobre todo grazas aos vinte e sete títulos dos New York Yankees. Dentro da AL os equipos con máis títulos son os propios Yankees (40), seguidos polos Oakland Athletics (15) e os Boston Red Sox (14).

Equipos

A American League está composta por quince equipos divididos en tres divisións con cinco equipos en cada unha.

American League East

Artigo principal: American League East.

American League Central

Artigo principal: American League Central.

American League West

Artigo principal: American League West.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.