En termos lingüísticos a liña de Benrath (en alemán: Benrather Linie) é a isoglosa que divide os dialectos do alemán entre dialectos do baixo alemán, ao norte da liña, e os do alto alemán, ao sur.
Chámase así porque é unha liña imaxinaria que pasa por Benrath (un barrio do sur de Düsseldorf) e Aachen ata o leste de Alemaña, preto de Frankfurt an der Oder, na área de Berlín e Dessau. Tamén é coñecida como a liña maken-machen, porque ao sur dela o verbo "maken" (facer) transformouse en "machen" durante a segunda mutación consonántica do alemán. Esta mutación produciuse arredor do ano 500 d.C. nas falas ao sur desa liña, que foron as que deron lugar ao alto alemán actual. As falas xermánicas que estaban ao norte desa liña, que non se viron afectadas por esta segunda mutación, deron lugar ao baixo saxón, ao inglés, ao neerlandés e ao frisón.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.