composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
A levofloxacina (nome comercial Tavanic) é un antibiótico da clase quinolona, cuxa diana é a enzima ADN xirasa bacteriana. Ten actividade fronte a bacteria grampositivas e bacteria gramnegativas. Ten unha actividade fronte a grampositivos moi superior ca ciprofloxacina, pero menor actividade para gramnegativos.
Levofloxacina | |
---|---|
Identificadores | |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A levofloxacino é un antibiótico moi empregado para pneumonía, con cobertura de Streptococcus pneumoniae e outros patóxenos menos frecuentes (Legionella pneumophila e Mycoplasma pneumoniae). Tamén se emprega en bacteriemias por Staphylococcus aureus (aínda que non son activos fronte a Staphylococcus aureus resistente á meticilina. Actualmente, non son axeitados para o tratamento empírico de infección do tracto urinario pola elevada taxa de resistencias entre bacterias gramnegativas, especialmente en Escherichia coli.
A dosificación máis habitual é de 500 miligramos diarios, agás na pneumonía, onde se adoitan escoller doses de 500 mg cada 12 horas, polo menos nas primeiras 24 ou 48 horas.
A levofloxacina non se pode empregar en mulleres embarazadas porque incrementa o risco de malformacións fetais. Nos nenos e adolescentes non se pode empregar porque se asocia a lesións nos tendóns e alteracións no crecemento.
A nivel cardiaco, pode inducir arritmias, sobre todo síndrome de QT largo. Interacciona con medicamentos antiarrítmicos coma amiodarona.
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.