grupo étnico From Wikipedia, the free encyclopedia
Os letóns[12] (en letón: latvieši; en livonio: lețlizt) son un grupo étnico báltico, nativo da moderna Letonia e a rexión xeográfica inmediata. Os letóns comparten unha mesma lingua, cultura e historia.
Pobo letón | |
---|---|
Neno letón coa bandeira do país. | |
Poboación | |
Poboación total: c 1,6–1,7 millóns | |
Rexións principais: | |
Letonia | 1 229 067 (2014) |
Estados Unidos | 96 070–102 000 (2009)[1] |
Reino Unido | 102 000 (2014)[2][3] |
Canadá | 27 870 (2006)[4] |
Alemaña | 27 752 (2014)[5] |
Brasil | 25 000 (2002)[6][7][8] |
Irlanda | 20 593 (2011)[9] |
Australia | 20 509 (2016)[10] |
Rusia | 20 068 (2010) |
Nova Zelandia | 20 000 (2004)[11] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua letoa |
Relixión | Luteranismo |
Grupos relacionados | Pobo lituano e pobo livonio |
Unha tribo de fala finesa coñecida como os livonios instalouse entre os letóns e modulou o nome de «Latvis» que significa «limpadores de bosques», que é como os colonizadores alemáns medievais tamén se referían a estes pobos.
Os colonizadores alemáns cambiaron o nome a «Lette» e nomearon a súa colonia inicialmente pequena como «Livland». A forma en latín, Livonia, pouco a pouco acabou referíndose a todo o territorio da moderna Letonia, así como o sur de Estonia, que caera baixo o dominio alemán. Os letóns e os lituanos son os únicos membros superviventes dos pobos bálticos da familia indoeuropea.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.