Leslie Lamport, nado en 1941, é un computólogo estadounidense. É especialmente coñecido por ser o desenvolvedor inicial do sistema de formateo de textos LaTeX, e de BibTeX.
Traxectoria
Licenciouse en matemáticas en 1960 no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Tamén cursou un mestrado (1963) e un doutoramento (1972) na Universidade de Brandeis, ambos os dous en matemáticas.
No campo das ciencias da computación, Lamport é recoñecido polo seu traballo en algorítmica distribuída e en lóxica temporal, na cal introduciu a lóxica de accións temporal (Temporal Logic of Actions, TLA). Formulou a relación "ocorrido antes" (happened before), importante en reloxos lóxicos de sistemas distribuídos, xa que permite obter unha ordenación parcial. Tamén introduciu o algoritmo da panadaría de Lamport para exclusión mutua de múltiples fíos nun computador que requiren os mesmos recursos ao mesmo tempo.
En 2011 traballaba para Microsoft Research.
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Leslie Lamport |
Ligazóns externas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.