From Wikipedia, the free encyclopedia
Les affaires sont les affaires é unha comedia en tres actos, escrita en prosa en francés por Octave Mirbeau e publicada en 1903. E unha comedia clásica na liña de Molière, na que aparecen representadas fortes personalidades, moi teatralizadas, e respéctanse as tres unidades clásicas, de acción, de lugar e de tempo.
Les affaires sont les affaires | |
---|---|
Autor/a | Octave Mirbeau |
Orixe | Francia |
Lingua | lingua francesa |
Xénero(s) | Comedia |
Data de pub. | 1903 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nesta obra, o autor describe a vida de Isidoro (Isidore) Lechat, home de negocios dotado de poucos escrúpulos. A medida que se van sucedendo as escenas, imos coñecendo a personalidade das distintas personaxes e descubrindo as estrataxemas de Lechat para acadar o cumio da escada social.
Os negocios son os negocios é unha crítica da sociedade contemporánea a través da caricatura dun home que xustifica a ilegalidade dos seus negocios pola ambición que impulsa todos os seus actos. Decide presentarse ás eleccións para ser deputado e pretende casar á súa filla cun marqués arruinado. Mais, se Lechat consegue impor os seus desexos a dous enxeñeiros, Gruggh et Phinck, que pretendían enganalo, o seu proxecto de casamento choca co carácter rebelde e emancipado de Xermana (Germaine), a súa filla. Esta escolle a liberdade na miseria que lle propón co seu amante, o químico Luciano (Lucien) Garraud, empregado do seu pai, ao luxo represivo que representa o seu pai.
A obra triunfou en todo o mundo, sobre todo en Alemaña e en Rusia, e segue a se representar en todos os teatros nas linguas ás que foi traducida.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.