Actriz española de orixe inglesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Leonor Ceballos Watling, coñecida como Leonor Watling, nada en Madrid o 28 de xullo de 1975, é unha actriz española de orixe inglesa.
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Leonor Elizabeth Ceballos Watling 28 de xullo de 1975 (49 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de teatro, actriz de cinema, compositora de cancións, cantante, música, directora de cinema |
Período de actividade | 1993 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música pop |
Instrumento | Voz |
Familia | |
Cónxuxe | Jorge Drexler |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Comezou a súa carreira interpretativa con pequenos papeis en series de televisión como Farmacia de guardia, para logo conseguir papeis secundarios fixos primeiro en Hermanos de leche, onde interpretou a filla do personaxe de José Coronado, e logo en Querido Maestro xunto a Imanol Arias. Máis tarde foi unha das protagonistas de Raquel busca su sitio, de TVE, da que só se rodou unha temporada.
O seu primeiro papel cinematográfico relevante foi na película Son de mar, de Bigas Luna en 2001. Posteriormente destaca o seu traballo ás ordes de Pedro Almodóvar (protagonista en Hable con ella e colaboración en La mala educación) e de Isabel Coixet (Mi vida sin mí e La vida secreta de las palabras) entre outros moitos títutlos.
Coas películas La hora de los valientes, de Antonio Mercero e A mi madre le gustan las mujeres, de Daniela Fejerman e Inés París conseguiu sendos nomeamentos ós premios Goya.
Ademais da súa faceta de actriz, Watling é vocalista do grupo musical Marlango.
A súa parella é o músico Jorge Drexler.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.