arquitecto alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Leo von Klenze, nado en Schladen, Krs Goslar o 29 de febreiro de 1784 e finado en Múnic o 27 de xaneiro de 1864, foi un arquitecto, pintor e escritor alemán do neoclasicismo.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
(1856) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de febreiro de 1784 Schladen, Alemaña (pt) |
Morte | 26 de xaneiro de 1864 (79 anos) Múnic, Alemaña |
Lugar de sepultura | Alter Südfriedhof (pt) 48°07′35″N 11°33′50″L |
Actividade | |
Campo de traballo | Arquitectura, pintura e literatura |
Ocupación | arquitecto, pintor, escritor |
Período de actividade | 1800 - 1864 |
Membro de | |
Movemento | Arquitectura neoclásica |
Profesores | Friedrich Gilly (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Felicitas Blangini-Klenze |
Premios | |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Obálky knih, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Destacou como arquitecto da corte de Baviera baixo o reinado de Lois I. A súa obra máis destacada é o conxunto da Königsplatz e os edificios que a arrodean, como a Gliptoteca de Múnic (1816 - 1834), para a cal se inspirou na tipoloxía de galería creada por Durand. Tamén en Múnic deseñou a Ruhmeshalle na Theresienwiese, onde se ergue a estatua colosal de Bavaria e a Residencia Real (Residenz). Noutras cidades alemás construíu o castelo de Wilhelmshöhe en Kassel, o Walhalla en Ratisbona e a Befreiungshalle en Kelheim, entre outros edificios.
O tsar Nicolao I de Rusia, na súa visita a Baviera, entusiasmouse coa súa obra e encargoulle a construción do novo Ermitage en San Petersburgo, que se concretou entre 1839 e 1852.
Von Klenze foi un prominente representante da corrente que reviviu o estilo grego en Europa. A tal punto, que se lle encomendou unha renovación da propia cidade de Atenas, con motivo da chegada da monarquía de Otto de Grecia.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Leo von Klenze |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.