doce de leite From Wikipedia, the free encyclopedia
O leite frito (ou leite fritido) é un doce elaborado con fariña e azucre cocidos en leite até formaren unha masa homoxénea que, ao arrefriar, córtase en porcións cuadrangulares, rebozase con fariña e ovo e fríxese en aceite.[1]
Adoita servirse coma sobremesa, cuberta con azucre e canela en po. É tipico da gastronomía de Galicia.
Xaquín Lorenzo Fernández fala dalgúns doces de Galicia entre os que nomea o leite frito na súa obra Etnografía, cultura material de 1962:
Por mor a que segue a ser tradicional elaborar o leite frito de xeito caseiro e artesanal, existen moitas variantes tanto na receita como na forma de preparación e a presentación final. Todas elas teñen en común a cocedura do leite con azucre, canela en rama e opcionalmente pela de limón. Nun cunco mestúranse azucre, fariña e xema de ovo, incorporando despois o leite morno para mesturar ben e cocer a pouco lume (lume maino). Obtense así unha masa mesta que se dispón nunha fonte untada con manteiga (que obviamente debe estar fundida), cun espesor de 1 a 2 cm, e se deixa arrefriar para despois cortala en porcións alongadas, cadradas, rectangulares ou romboidais. Rebózanse estas en fariña e ovo batido e frítense, servindo empoadas con azucre e canela. Poden facerse con outro sabor, como é o chocolate, engadindo unha ou dúas culleradas de cacao en po á mestura da fariña.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.