Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A indución electromagnética é o fenómeno que orixina a produción dunha forza electromotriz (f.e.m. ou voltaxe) nun medio ou corpo exposto a un campo magnético variábel, ou ben nun medio móbil respecto dun campo magnético estático. É así que, cando devandito corpo é un condutor fechado (circuíto), prodúcese unha corrente inducida. Este fenómeno foi descuberto por Michael Faraday quen o expresou indicando que a magnitude da voltaxe inducida é proporcional á variación do fluxo magnético (Lei de Faraday).
Michael Faraday é xeralmente acreditado co descubrimento da indución electromagnética en 1831 aínda que poida que se lle teña antecipado o traballo de Francesco Zantedeschi en 1829. Entre 1830 e 1832 Joseph Henry fixo un descubrimento similar, pero non o publicou até máis tarde.
Faraday atopou que a forza electromotriz (EMF) producida un circuíto fechado é proporcional á velocidade de variación do fluxo magnético a través de calquera superficie que inclúa ese circuíto. Isto significa que nun circuíto fluirá unha corrente inducida se o fluxo que atravesa unha superficie apoiada no circuíto varía, sexa por variación do campo ou por movemento do circuíto
Por outra banda, Heinrich Lenz comprobou que a corrente debida á f.e.m. inducida oponse ao cambio de fluxo magnético, de forma tal que a corrente tende a manter o fluxo. Isto é válido tanto para o caso en que a intensidade do fluxo varíe, ou que o corpo condutor se mova respecto del.
Matematicamente a Lei de Faraday pódese expresar como:
onde: = Forza electromotriz en volts
= Fluxo magnético en weber
= Tempo en segundos e o signo - é debido á Lei de Lenz.
A indución electromagnética é o principio fundamental sobre o cal operan transformadores, xeradores, motores eléctricos, a vitrocerámica de indución e a maioría das demais máquinas eléctricas.
De forma máis xeral, as ecuacións que describen o fenómeno son:
Expresa que a forza electromotriz nun condutor é igual á variación do fluxo en función do tempo.
A variación do campo eléctrico é igual á variación da densidade de fluxo magnético
A voltaxe é a variación de fluxo polo número de espiras (nunha bobina)
Enténdese con este nome á magnitude física que mide o efecto que produce un campo magnético nun punto, sobre un determinado material. O seu símbolo é a letra B , e a súa unidade no Sistema Internacional (SI) é o Tesla (T)
Os principios da indución electromagnética son aplicados en moitos dispositivos e sistemas, por exemplo:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.