Lampione
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Lampione (en siciliano: Lampiuni, que significa lanterna) é unha pequena illa rochosa situada no mar Mediterráneo, que pertence xeograficamente as illas Peláxicas e administrativamente a comuna de Lampedusa e Linosa, Provincia de Agrigento, na rexión de Sicilia, Italia.
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Peláxicas | |||
Situado na entidade xeográfica | Illas Peláxicas | |||
Localización | ||||
División administrativa | Provincia de Agrigento, Italia | |||
Localización | Mar Mediterráneo | |||
| ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | |||
Características | ||||
Altitude | 36 m | |||
Dimensións | 0,18 () × 0,2 () km | |||
Superficie | 0,036 km² | |||
Con 200 metros de lonxitude e 180 m de ancho, a illa ten unha superficie de só 0´036 km² e alcanza a súa altura máxima de 36 m. A illa está, como Lampedusa a unha distancia de 17 quilómetros da placa continental africana a diferenza de Linosa que se atopa a 70 quilómetros é que tectonicamente está vinculada a Sicilia.
Crese que a illa se formou durante un terremoto durante o Plioceno por un desprendemento dun pedazo de terra da illa-nai, Lampedusa.
Segundo a lenda, Lampione era un bloque de pedra que se escapou das mans de Ciclope.
A illa sempre seguiu as vicisitudes da historia e a sorte das outras illas Peláxicas. Logo de entrar no reino de Italia, o 12 de xuño de 1878, seguiu a mesma sorte que as dúas illas principais, a plena participación da nacente Comuna de Linosa e Lampedusa. En 1897, fronte a Lampione foi descuberto un banco de esponxas, que atraeu a atención dos pescadores tunisianos e gregos, en particular, o que permitiu a hexemonía económica do arquipélago. Pero axiña a pesca cesou. A illa está agora deshabitada e o único signo de restos humanos é un faro automático, do que se deriva o nome da illa. Este faro é accesible por un camiño a partir dun pequeno embarcadoiro artificial axustado só ó paso de pequenas embarcacións
Lampione é parte da Reserva Mariña Illas Peláxicas, a súa vexetación e fauna están estritamente protexidas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.