filme de Michael Haneke From Wikipedia, the free encyclopedia
La Pianiste é un filme franco-austríaco do ano 2001 dirixido por Michael Haneke e protagonizado por Isabelle Huppert e Benoît Magimel. O guión, escrito polo propio Haneke, é unha adaptación da novela do mesmo nome de Elfriede Jelinek, gañadora do Premio Nobel de Literatura no ano 2004.
La Pianiste | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Michael Haneke |
Produtor | Veit Heiduschka |
Guión | Michael Haneke |
Baseado en | Die Klavierspielerin de Elfriede Jelinek |
Intérpretes | Isabelle Huppert Benoît Magimel Annie Girardot |
Música | Martin Achenbach |
Fotografía | Christian Berger |
Montaxe | Nadine Muse Monika Willi |
Estrea | 14 de maio de 2001 (Cannes) |
Duración | 131 minutos |
Orixe | Francia Austria |
Filme anterior | Code Unknown |
Filme seguinte | Time of the Wolf |
Na rede | |
Foi estreada o 14 de maio de 2001 no Festival de Cine de Cannes, onde conseguiu o Gran Premio do Xurado e a súa parella protagonista levou dous premios á mellor interpretación.
Erika Kohut é profesora de piano nun prestixioso conservatorio de Viena. Vive coa súa nai, unha muller dominante con quen mantén unha difícil relación de amor-odio. Baixo o seu aspecto serio e disciplinado oculta inesperados comportamentos sexuais de tendencia sadomasoquista. Despois de escoitala tocar nun concerto privado, o xove Walter Klemmer proponse conquistala.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.