From Wikipedia, the free encyclopedia
La Florida é un barrio de L'Hospitalet de Llobregat, na provincia de Barcelona, que forma parte do Distrito IV xunto co limítrofe barrio de Les Planes. Limita tamén cos barrios de Collblanc, La Torrassa, Pubilla Cases, Can Serra e Sant Josep.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | provincia de Barcelona | |||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | |||
Comarca | Barcelonès | |||
Concello | L'Hospitalet de Llobregat | |||
Poboación | ||||
Poboación | 31.473 (2022) | |||
Atópase nun outeiro onde no século XIX había viñas. O gran cambio urbanístico da zona foi promovido polo concello e elaborado polo arquitecto municipal Ramon Puig i Giralt en 1926. Naquel plan prevíase a urbanización de todo o tero, e na década de 1930 aparecen as primeiras rúas de Pubilla Cases e La Florida. As primeiras casas eran de autoconstrución, agrupadas en pequenos núcleos como as barriadas de La Granota, xunto ao Torrent Gornal, ou El Boter, preto de cemiterio.
O gran crecemento do barrio produciuse nas décadas de 1950 e 1960 grazas á inmigración. En 1960 a poboación de La Florida mais Les Planes era de 27.630 habitantes, mentres que en 1975 acadaba os 53.690. Dende entón a poboación foi baixando suavemente ata chegar aos 38.871 habitantes en 2001. A partir da década do 2000 o barrio recibiu unha nova inmigración de orixe estranxeira, acadando os 44.000 habitantes. En 2012 a poboación do distrito IV era de 44.495 habitantes.
Hoxe en día caracterízase pola súa actividade comercial e as zonas de tapas arredor do tradicional Mercat dels Ocellets. A plaça Eivissa é un importante espazo de encontro, e o parque metropolitano de Les Planes é o máis extenso da cidade. Precisamente arredor desa zona verde esténdese o núcleo urbano de Les Planes, integrado dentro do barrio pero con algunhas diferenzas de carácter administrativo. Os principais eixos viarios son as avenidas de El Masnou e Miraflores, que son tamén importantes zonas comerciais.
Está comunicado co resto da cidade grazas á rede de autobuses. Ademais hai varias estacións do metro de Barcelona: Florida e Torrassa, da liña 1, e Pubilla Casas, da liña 5.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.