From Wikipedia, the free encyclopedia
Ludwik Lejzer Zamenhof (polaco: Ludwik Łazarz Zamenhof, esperanto: Ludoviko Lazaro Zamenhof), nado en Białystok o 15 de decembro de 1859 e finado en Varsovia o 14 de abril do 1917, foi un oftalmólogo polaco, creador da lingua internacional esperanto.
Zamenhof naceu e criouse na cidade de Białystok, que naquela época formaba parte do Imperio Ruso mais na actualidade pertence a Polonia. Zamenhof formaba parte da comunidade xudía, que a finais do século XIX constituía o 66 % da poboación da cidade, xunto cun 18 % de polacos, un 8 % de rusos non xudeus, un 6 de alemáns e un 2 % de bielorrusos. Nela falábanse moitas linguas, polo que había dificultades para a comprensión entre as diversas culturas. Isto motivouno para buscar unha solución ao problema, e co paso dos anos foi desenvolvendo o esperanto nun proceso longo e laborioso.
Os seus tres fillos foron asasinados polos nazis durante o Holocausto.
O seu empeño por acadar unha lingua franca mundial continuou malia que no ano 1879 aparecera o volapük, resultado do traballo doutra persoa, Johann Martin Scleyer, nun proxecto de crear unha linguaxe internacional. Zamenhof aprendeu o volapük, mais os defectos desta lingua motivárono mesmo máis para proseguir cos seus planos.
Finalmente, no ano 1887 e coa axuda económica de seu cuñado, logrou publicar un libriño no que expuña os principios da "lingua internacional", co pseudónimo de Doktoro Esperanto ('Doutor Esperanzado'), palabra que acabou por converterse no nome da súa creación.
Maila que a súa formación profesional estaba afastada do campo da lingüística, dado que se formou e traballou coma médico oftalmólogo, contaba cun talento natural para a aprendizaxe de linguas; os seus idiomas natais eran o ruso, o polaco e o yiddish, aínda que tamén falaba con fluidez o alemán. Posteriormente aprendeu latín, hebreo, francés, grego e inglés, así coma nocións básicas de castelán e italiano. Maila todo, sempre considerou o ruso coma a súa lingua materna.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ludwik Lejzer Zamenhof |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.