física francesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Léna Soler, nada o 15 de xuño de 1966 en Constantina, Alxeria, é unha enxeñeira en física, epistemóloga e doutora en filosofía francesa.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xuño de 1966 (58 anos) Alxeria |
Director de tese | Michel Bitbol (pt) |
Actividade | |
Ocupación | física, mestra, epistemóloga, filósofa |
Profesora do Instituto universitario de formación do profesorado, IUFM, de Lorena, responsábel do proxecto "Estudar es ciencias baixo o ángulo das prácticas científicas", corresponsábel da área "Historia e filosofía das ciencias" e redactora xefe adxunta da revista Philosophia Scientiae.
É membro asociado da Unidade mixta de investigacións (UMR) 8590, Instituto de Historia e de Filosofía das Ciencias e das Técnicas de París.
A profesora Soler ten unha dupla formación en física e en filosofía. Recibiu, en 1990, o título de enxeñeira en física dos materiais na FIUPSO (Formation d’Ingénieur de l’Université Paris-Sud Orsay), e obtivo, en 1997, o diploma de doutora en historia e filosofía das ciencias na Universidade de París I.
A súa área de investigación é a filosofía da física, que practica en estreita conexión coa historia da física.
Os seus estudos de historia da física abarcan desde a prehistoria aos comezos da física cuántica no século XX e, máis recentemente, sobre certos episodios de física de partículas nos anos 60-70.
Estes estudos servíronlle para progresar nas cuestións filosóficas fundamentais que unifican as súas investigacións particulares: a aparición de novidades en física e a natureza específica da física.
Actualmente Léna Soler está ocupada nun programa de investigación que ten dúas caras. Dunha banda, caracterizar certas estratexias típicas da física (este traballo polo momento céntrase no caso particular das prácticas que teñen lugar na física de partículas) e, doutra banda, de facer un balance, a base dunha visión retrospectiva dalgunhas décadas, do xiro práctico en filosofía das ciencias, en particular das ensinanzas que se poden tirar desde o punto de vista da especificidade da física comparada coa doutras actividades e realizacións humanas. Ao final, a ambición é unha modelización que, sen pretender que sexa universal, transcenda os casos singulares e capte os trazos sobresaíntes característicos da física.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.