From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha lágrima, bágoa, bagulla ou fluído lacrimal é un líquido composto de auga, sales minerais e proteínas, producido polas glándulas lacrimais (do sistema lacrimal) nas pálpebras superiores do ollo humano para lubrificar e limpar o ollo. É producido en gran cantidade cando alguén chora.
A expresión popular derramar lágrimas de crocodilo usada para dicir que alguén chora sen razón ou por finximento, xurdiu dun feito real que acontece cos crocodilos. Cando o animal come unha presa, faino sen mastigar, engulíndoa directamente. Para isto, abre a mandíbula de tal forma que comprime a glándula lacrimal, localizada na base da órbita, o que fai que os réptiles choren. Outra hipótese é, simplemente que esa secreción mantén húmidos os ollos cando están fóra da auga[1].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.