Kristaps Porziņģis

baloncestista letón From Wikipedia, the free encyclopedia

Kristaps Porziņģis

Kristaps Porziņģis, nado o 2 de agosto de 1995 en Liepāja, é un xogador profesional de baloncesto letón que xoga para os Boston Celtics da National Basketball Association (NBA). Cunha estatura de 2,18 metros xoga nas posicións de ala-pivote e pivote.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Kristaps Porziņģis
Thumb
(2022)
Biografía
Nacemento2 de agosto de 1995 (29 anos)
Liepāja, Letonia
Altura218 cm
Peso112 kg
Actividade
Ocupaciónbaloncestista
Período de actividade2011 -
Nacionalidade deportivaLetonia
Deportebaloncesto
LigaNational Basketball Association e Liga ACB
Posición de xogoAla-pivote
Número deportivo6
Convocado porNew York Knicks
Traxectoria
  Equipo
2012–2015 Real Betis Baloncesto
2015–2019 New York Knicks
2019–2022 Dallas Mavericks
2022–2023 Washington Wizards
2023– Boston Celtics
Familia
IrmánsJānis Porziņģis
Premios

Pechar

Traxectoria profesional

Porziņģis comezou a súa carreira en varios equipos da súa localidade natal, antes de fichar polas categorías inferiores do CB Sevilla no ano 2011. Debutou co primeiro equipo o 29 de setembro de 2012, na derrota do Sevilla contra o CB Murcia.[1]

O 25 de xuño de 2015, Porziņģis foi elixido na 4ª posición do Draft da NBA de 2015 polos New York Knicks.[2] O 30 de xuño de 2015, asinou o seu contrato de rookie cos Knicks.[3]

O 31 de xaneiro de 2019, Porziņģis foi traspasado xunto a Trey Burke, Tim Hardaway Jr. e Courtney Lee ós Dallas Mavericks, a cambio de DeAndre Jordan, Wesley Matthews, Dennis Smith Jr. e dúas futuras eleccións da primeira rolda do Draft.[4]

O 10 de febreiro de 2022, Porziņģis e unha elección da segunda rolda do Draft de 2022 foron traspasados ós Washington Wizards, a cambio de Spencer Dinwiddie e Dāvis Bertāns.[5]

O 22 de xuño de 2023, os Wizards traspasaron a Porziņģis ós Boston Celtics, como parte dun traspaso entre tres equipos que mandou a Marcus Smart ós Grizzlies, e a Tyus Jones, Danilo Gallinari, Mike Muscala e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023 dos Celtics ós Wizards.[6]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.