Khatia Buniatishvili

pianista xeorxiana From Wikipedia, the free encyclopedia

Khatia Buniatishvili

Khatia Buniatishvili (en xeorxiano: ხატია ბუნიათიშვილი), nada en Batumi (Adzaria, Xeorxia) o 21 de xuño de 1987, é unha pianista de concerto xeorxiana establecida en París, e nacionalizada francesa no 2017.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Khatia Buniatishvili
Thumb
(2017)
Biografía
Nacemento(ka) ხატია ბუნიათიშვილი
21 de xuño de 1987 (37 anos)
Batumi (Unión Soviética)
EducaciónTbilisi State Conservatoire (en)
Universidade de Música e Arte Dramática de Viena
Actividade
Ocupaciónpianista de música clásica
Período de actividade2008 -
Xénero artísticoMúsica clásica
ProfesoresMichel Sogny, Tengiz Amirejibi (en) e Oleg Maisenberg (pt)
InstrumentoPiano
Familia
IrmánsGvantsa Buniatishvili
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Sitio webkhatiabuniatishvili.com
Pechar

Traxectoria

Khatia comezou a estudar piano baixo a ensinanza da súa nai á idade de 3 anos, como a súa irmá Gvantsa. Deu o seu primeiro concerto coa Orquestra de Cámara en Tbilisi á idade de 6 anos. Dende os 10, deu concertos en Europa, Rusia, Ucraína, Armenia, Israel e os Estados Unidos. Graduouse na Escola Central de Música de Tbilisi, e logo ingresou no Conservatorio Estatal de Tiflis, no 2003.

Buniatishvili, que describiu o piano como "símbolo de soidade musical", escolleu este instrumento sobre o violín a pesar do seu oído absoluto. Ela e a súa irmá aprenderon xuntas a tocar o piano e tocaban dúos na casa. As súas actuacións xuntas adoitan ser memorables.

Entre outras, Buniatishvili presentouse na Orquestra de París, baixo a dirección de Paavo Järvi, baixo a batuta de Daniele Gatii e a Orquestra Filharmónica de Londres. Tamén interpretou música de cámara con músicos como Gidon Kremer e Renaud Capuçon.

No 2010 recibiu o premio Borletti-Buitoni, e foi incluída na serie da BBC Nova Xeración de Artistas. A Vienna Musikverein e Konzerthaus nomeáronna como Rising Star para a tempada 2011-12, e no 2012 foi galardoada co premio a Mellor Recentemente chegada do Ano nos premios Eco Klassik.

No 2010, esta pianista firmou un contrato co selo discográfico Sony Classical. O seu álbum debut no 2011 marcou o 200 aniversario do nacemento de Franz Liszt, e incluía a súa Sonata en Si menor, Liebestraum No.3, a Campanella, a Rapsodia húngara no. 2 e o Vals Mephisto. Classic FM declarou na súa recesión do álbum que “Buaniatishvili é unha artista xove con enorme temperamento e técnica que fai que un pense na xove Martha Argerich”. Na revista Gramophone estivo menos impresionada dado que Jed Distler criticou un Liebesträume no. 3 de “textura e ritmo impreciso” e sobre a interpretación da Sonata en Si menor declarou que “o seu inquieto sentido rítmico, os seus erros de cálculo nas dinámicas e a carencia xeral de planificación a longo prazo é desgastante despois de varias audicións”. Esta gravación estivo seguida por un álbum adicado a Chopin no 2012, no cal combina obras para piano só con Concerto para piano no.2 en Fa menor de Chopin.

Premios e recoñecementos

Khatia recibiu os seguintes premios e recoñecementos:

  • 12º. Arthur Rubinstein International Piano Master Competition (2008): gañadora do Terceiro Premio xunto cun Premio Especial por “mellor intérprete dunha peza de Chopin” e o Premio en Eilat “favorito da audiencia”.
  • 3º Competencia Internacional de Piano Tbilisi (2005): Gañadora do segundo premio xunto co Premio Especial “por habilidade artística” e Premio Especial “mellor xove pianista Xeorxiana”.
  • Un premio Borletti-Buitoni Trus no 2010.

Discografía

  • 2011 - Franz Liszt, 22, obra para piano de Liszt (Sony Classical).
  • 2012 - Chopin 23 coa Orquestra de París dirixida por Paavo Järvi (Sony Classical).
  • 2014 -Motherland, 24, obras para piano solo (Sony Classical).
  • 2016 -Kaleidoscope - Pictures at an Exhibition, 25, obras para piano de Mussorgsky, Stravinsky e Ravel (Sony Classical).
  • 2017 -Rajmàninov - Piano Concertos N° 2 & 3 (Sony Classical).
  • 2010 -Hymns and Prayers, álbum de Stevan Kovacs Tickmayer, música de César Franck e Giya Kancheli (ECM).
  • 2011 - Peter I. Tchaikovsky / Victor Kissine, Piano Trios, con Gidon Kremer e Giedre Dirvanauskaite (ECM).
  • 2014 - Renaud Capuçon & Khatia Buniatishvili: Franck, Grieg, Dvorak Violin Sonatas (ECM).
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.