Kattegat
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Kattegat, ou Kattegatt, é unha baía do Mar do Norte (continuación do estreito de Skagerrak) bordeada por Dinamarca e Suecia. O Mar Báltico emboca no Kattegat a través de Öresund e do Gran Belt, entre outros estreitos dinamarqueses.
Tipo | estreito Golfo | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Océano Atlántico | ||||
Localización | |||||
División administrativa | condado de Västra Götaland, Suecia, condado de Escania, Suecia, condado de Halland, Suecia, Xutlandia do Norte, Dinamarca, Jutlândia Central, Dinamarca (pt) , Dinamarca do Sul (pt) , Rexión de Hovedstaden, Dinamarca e Zelândia, Dinamarca (pt) | ||||
| |||||
Comparte fronteira con | Skagerrak | ||||
Conéctase con | Belt Sea (en) | ||||
Composto por | |||||
Afluentes | |||||
Características | |||||
Profundidade | 109 m | ||||
Dimensións | 88 () × 220 () km | ||||
Superficie | 25.485 km² | ||||
Medicións | |||||
Salinidade | 30 g/L | ||||
Os ríos que verten as súas augas no Kattegat son o Göta en Gotemburgo, xunto co Lagan, Nissan, Ätran e Viskan na provincia sueca de Halland; e o río Gudenå en Xutlandia, do lado dinamarqués.
As principais illas do Kattegat son Samsø, Læsø e Anholt, sendo coñecidas as dúas últimas como "o cinto desértico danés", debido ó seu clima seco.
O nome de Kattegat deriva das palabras holandesa e baixo saxoa Kat (gato) e Gat (burato). Isto fai referencia á navegación medieval, cando os navegantes dicían desta zona que era "tan estreita como o buraco dun gato", xa que había tantos barcos no mar que facían difícil de máis a navegación.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Kattegat |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.