O hidróxido de potasio, KOH, é un composto químico moi alcalino coñecido tamén cos nomes de potasa cáustica ou, cando está disolto en auga, lixivia de potasa.

Máis información Xerais, Físicas ...
Propiedades
Thumb

Xerais

NomeHidróxido de potasio
Outros nomesHidróxido potásico
Potasa cáustica
Lixivia de potasa
Fórmula químicaKOH
Aparencia Sólido branco delicuescente.
Basicidade (pKb) 0

Físicas

Masa molar56,11 g/mol
Punto de fusión679 K (406 °C)
Punto de ebulición1593 K (1320 °C)
Densidade2,044×103kg/m3 (2,044 g/cm3)
Solubilidade1100 g/L de auga (a 25 °C)
Compostos relacionados KCl, KF, K2SO4; NaOH NH4OH, Ca(OH)2, Al(OH)3

Seguridade

Catalogado como: Corrosivo
Número CAS[1310-58-3]
As propiedades sen referencia veñen dadas en condicións estándar(100 kPa, 25 °C), a non ser que se indique outra cousa.
Pechar

Aplicacións

En agricultura pode ser empregado para corrixir o pH do solo cando é ácido e tamén pode ser empregado como funxicida e como herbicida.

É un produto químico de uso industrial empregado nunha gran variedade de procesos químicos. Algunhas aplicacións son, o uso na preparación de copolímeros a partir de ésteres acrílicos, a fabricación do papel, axente de control do pH, axuda para complementos alimenticios, resinas de polietileno e catalizador nas reaccións de produción de biodiesel.

Outras aplicacións inclúen o seu uso veterinario para disolver cornos, escamas e pelos; en medicina humana, para diagnosticar enfermidades fúnxicas e disolver verrugas e cutículas. Tamén se emprega en pos de lavado, algúns limpadores de dentadura e en deterxentes sen fosfatos.

Un uso moi importante do hidróxido de potasio é o que se fai del en pilas alcalinas, nas que as disolucións de KOH actúan como electrólitos.

Ten tamén uso en electrónica, onde axuda a gravar pistas no silicio para fabricar circuítos en aplicacións tales como as microelectromecánicas.

Preparación de alimentos

De xeito similar ó hidróxido de sodio, debido ás súas características alcalinas, emprégase no lavado e pelado de froitas, procesado do cacao, produción do cor caramelo, escaldado de aves de curral, espesante para xeados,... As olivas, ás veces, empápanse en lixivia de sosa ou de potasa para abrandalas. Emprégase tamén para a elaboración dun manxar escandinavo chamado “lutfisk” (Lut=lixivia, fisk=peixe, peixes á lixivia). O bacallau empápase en lixivia de sosa ou de potasa ata que adquire unha determinada consistencia. Sérvese despois con graxa de touciño, patacas, chícharos e salsa.

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.