Justice

From Wikipedia, the free encyclopedia

Justice

Justice (escrito como Jus†ice) é un dúo francés de música electrónica formado por Gaspard Augé e Xavier de Rosnay. É un dos grupos máis exitosos de Ed Banger Records, e están representados polo propio director do selo, Pedro Winter. Justice é coñecido por incorporar unha forte influencia do rock e do indie na súa música e na súa estética.

Datos rápidos Orixe, Período ...
Thumb
Thumb
OrixeParís, Francia
Período2003 - presente
Xénero(s)electroclash, french house, nu-disco
Selo(s) discográfico(s)Because, Ed Banger, Elektra
MembrosGaspard Augé
Xavier de Rosnay
Na rede
justice.church
MySpace: etjusticepourtous iTunes: 145072812 Last fm: Justice
Pechar

Seu álbum de estrea, , foi publicado en xuño do 2007 coa aclamación da crítica. O disco foi nomeado ao Grammy ao mellor álbum de electrónica/dance. Foi número 16 na lista dos 50 mellores álbums do ano para Pitchfork Media e número 18 na dos 25 mellores discos de 2007 para a revista Blender. Foi nomeado tamén ao Shortlist Prize dese ano. A súa remestura do tema de MGMT "Electric Feel" gañou o Grammy á mellor remestura non clásical en 2009.

En setembro do 2009 anunciouse que Justice pasaría a formar parte de Elektra Records. O grupo comezou a traballar no seu segundo álbum a mediados do 2010. O primeiro sinxelo, "Civilization", editouse o 28 de marzo de 2011 e o disco, Audio, Video, Disco, publicaríase o 24 de outubro dese ano.

Discografía

Máis información Álbum, Ano ...
ÁlbumAnoSelo
2007Ed Banger, Because, Vice
Audio, Video, Disco2011Ed Banger, Because, Elektra
Woman2016Ed Banger, Because
Hyperdrama2024Ed Banger, Because
Pechar

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.