arquitecto español From Wikipedia, the free encyclopedia
Juan de Herrera, nado en Mobellán (Cantabria) en 1530 e finado en Madrid en 1593) foi un arquitecto español, considerado o creador do estilo arquitectónico, sobrio e severo, máis característico do Renacemento en España, denominado estilo herreriano.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Juan de Herrera de Maliaño 1530 Roiz, España |
Morte | 15 de xaneiro de 1597 (66/67 anos) Madrid, España |
Educación | Universidade de Valladolid |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto, matemático |
Obra | |
Obras destacables | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Great Soviet Encyclopedia (1950–1958) (en) , (vol:49, p.171) |
Juan de Herrera recórdase sobre todo pola súa participación no mosteiro do Escorial, aínda que tamén é o responsable da catedral de Valladolid. Comezou a traballar no Escorial en 1563 baixo a dirección de Juan Bautista e desde 1572 foi el quen dirixiu os labores ata que se concluíu definitivamente en 1584. Formalmente acentuou o seu manierismo ó elevar a fachada principal e construír unha portada sen fondo, xa que tras ela non está o templo, senón un patio que dá á igrexa.
Coñécese como herreriano o estilo arquitectónico desenvolvido por Herrera no último terzo do século XVI así como o dos arquitectos que o sucederon en España nas primeiras décadas do século XVII, nun progresivo achegamento ao barroco. En Galicia atópanse exemplos de arquitectura herreriana como o Mosteiro de Santa María de Montederramo e o Colexio da Nosa Señora da Antiga en Monforte de Lemos.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.