remeiro galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Juan Zunzunegui Guimeráns, nado en Vigo o 31 de marzo de 1976, é un ex-remeiro e adestrador galego.[1] Participou en dous Xogos Olímpicos (Sydney 2000 e Atenas 2004), logrando un diploma olímpico.
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 31 de marzo de 1976 (48 anos) Vigo, España | ||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | remeiro | ||||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá | ||||||||||||||||
Deporte | remo | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||
2004 | rowing at the 2004 Summer Olympics – lightweight men's double sculls (en) | ||||||||||||||||
2000 | rowing at the 2000 Summer Olympics – lightweight men's double sculls (en) |
Comezou no remo ós 12 anos e especializouse na modalidade de scull lixeiro.[1] Formou parte do Real Club Náutico de Vigo, e en 1995 foi subcampión do mundo sub-23 no catro scull, e quinto no Mundial absoluto.[2] En 1996 acudiu aos Xogos Olímpicos de Atlanta como suplente do equipo español de catro sen temoneiro.[1] A continuación foi campión de España de dous sen temoneiro e en 1998 acadou o quinto posto na proba do Mundo de Múnic e o sexto posto no Campionato do mundo de Colonia na categoría de catro sen lixeiro.[1]
Participou nos Xogos Olímpicos de Sidnei no ano 2000, acabando en noveno lugar na categoría de dobre scull lixeiro, xunto a Rubén Álvarez. Nese mesmo ano gañou a medalla de bronce do Campionato do Mundo en Zagreb na categoría de catro scull lixeiro.[1][4]
No ano 2001 conseguiu unha nova medalla de bronce nos Xogos Mediterráneos de Tunes na categoría de dobre scull lixeiro.[1] Participou tamén na clase de dobre scull lixeiro nos campionatos mundiais de Sevilla, en 2002, e Milán, en 2003, acadando nos dous o sétimo posto.[1] En 2003 conseguiu o primeiro posto da Regata Internacional de Essen.[1] Ó ano seguinte participou nos Xogos Olímpicos de Atenas, obtendo a oitava praza en dobre scull lixeiro e con ela un diploma olímpico. Obtivo tamén o subcampionato do Mundo na categoría de skiff peso lixeiro celebrado en Eton.[1]
Dende o ano 2000 compite no Campionato de España de Remoergómetro, que gañou en sete ocasións. Ademais dende 2014 adestra o Club de Remo Zierbena.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.