Juan Rodríguez Lima
futbolista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Juan Rodríguez Lima, nado en Vigo o 1 de marzo de 2002, é un futbolista galego. Xoga na demarcación de defensa central e lateral esquerdo e o seu equipo actual é o RSC Internacional, de Terceira División RFEF.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de marzo de 2002 (22 anos) Vigo, Galicia |
Actividade | |
Ocupación | futbolista |
Deporte | fútbol |
Posición de xogo | Defensa central |
Traxectoria
Formouse nas categorías inferiores do Coruxo FC durante oito anos e en 2017 entrou na canteira do Deportivo da Coruña, en categoría cadete.[1]
Na tempada 2019/20 debutou co Fabril en Terceira división nun partido contra o CD Pontellas. En total foi titular en 10 partidos co filial do Deportivo,[2] que compaxinou co equipo xuvenil e coas súas primeiras convocatorias por parte de Fernando Vázquez para o equipo principal, co que non chegou a debutar. En outubro de 2020 firmou a súa renovación co equipo coruñés ata 2022, coa opción de ampliar o contrato por dúas tempadas máis.[3][2]
Na tempada 2020/21 foi xa parte plenamente do filial e na seguinte, coa competencia de Dani Barcia no posto de central, foi recolocado como lateral esquerdo, posición que o equipo de Óscar Gilsanz non tiña ben cuberta.[4] Disputou un total de 57 partidos co Fabril en dúas tempadas, case todos como titular.
En agosto de 2022 foi fichado polo Real Madrid para o seu segundo filial, o RSC Internacional, de Terceira RFEF.[5]
Selección española
Juan Rodríguez foi internacional coa selección española en categorías sub-17 e sub-18.[6]
Polémicas
En 2023 foi arrestado por difundir imaxes dun encontro sexual con outros dous futbolistas, unha rapaza menor de idade e outra moza.[7]
Equipos
Tempada | Equipo | Categoría | PX[8] | G[8] | TA | TV |
---|---|---|---|---|---|---|
2019-2020 | ![]() |
3ª | 10 | 0 | 2 | 0 |
2020-2021 | ![]() |
3ª | 21 | 0 | 4 | 1 |
2021-2022 | ![]() |
3ª | 26 | 0 | 6 | 0 |
PX: Partidos xogados. G: Goles marcados. TA: Tarxetas amarelas. TV: Tarxetas vermellas.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.