Juan Ramón Somoza
xornalista e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Juan Ramón Somoza Vázquez, nado en San Cosme de Barreiros (Barreiros) e finado en Lugo o 12 de marzo de 1927, foi un xornalista e escritor galego.
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | San Cosme de Barreiros, España |
Morte | 12 de marzo de 1927 Lugo, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
![]() |
Traxectoria
Estudou no Seminario de Mondoñedo. Foi membro do Grupo Republicano Federal de Lugo. A finais do século XIX exiliouse en Cuba. Na Habana coñeceu a Manuel Curros Enríquez e colaborou no Diario de la Marina e El Comercio, publicou artigos en Galicia (1902 a 1905), da que foi xefe de redacción. Fundou o semanario La República Española e dirixiu o semanario España Republicana en América (1904). Na Habana publicou Horas de ocio (1905). Trasladouse a Lugo en 1906, onde foi xefe de Obras Públicas, e continuou o seu labor como xornalista: colaborou en La Alborada, Alma Gallega, Aires da Miña Terra, El Eco de Galicia e El Regional, La Ilustración Gallega e Revista Gallega, dirixiu La Democracia, foi redactor de El Progreso, El Norte de Galicia e redactor xefe de La Provincia. Moitas das súas colaboracións están asinadas como Juan R. Somoza. Tamén utilizou os pseudónimos Marqués de Barreiros, San Cosme e Pardo de Cela. Finou o 12 de marzo de 1927.[1]
Obras
- Horas de ocio, A Habana, 1905. Colectánea de artigos, con prólogo de Curros Enríquez.
- Miscelánea. Colección de artículos literarios, 1908.
- Serpentinas. Crónicas, impresiones literarias, notas de arte, cuentos, impresiones de viaje, Lugo, 1910.
- Semblanzas, Lugo, 1915. Dous volumes, con prólogo de Xesús Rodríguez López e epílogo de José Adrio Menéndez.
- Mis devociones, 1920, 54 pp. Con introdución de José Adrio Menéndez.
Vida persoal
Casou con Celsa Amieiro e foi pai de Juan Ramón Somoza Amieiro.
Biblioteca virtual
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.