enxeñeiro e empresario galego From Wikipedia, the free encyclopedia
José Ramón Varela-Portas y Pardo, nado en Lugo en 1928 e finado o 31 de agosto de 2020[1], foi un empresario, enxeñeiro técnico agrícola e sindicalista galego,[2] moi vinculado á vida deportiva e social lucense. Foi o fundador, xunto co seu irmán Juan, do Club Baloncesto Breogán e primeiro presidente do club.[3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Ramón Varela-Portas y Pardo 1928 Lugo, España |
Morte | 31 de agosto de 2020 (91/92 anos) |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Familia | |
Irmáns | Juan Varela-Portas y Pardo |
Nado en Lugo, José Ramón formouse como enxeñeiro técnico agrícola. Nos anos 1960, xunto cos seus irmáns foi un dos empresarios máis destacados da cidade de Lugo. En 1966 funda o Club Baloncesto Breogán, sendo o seu primeiro presidente, cargo que ocupa de 1966 até 1972. No final da súa vida laboral estivo moi vinculado ao sindicalismo, ocupando cargos importantes na Unión Xeral de Traballadores (UXT). En 2011, a Xunta de Galicia concedeulle a Distinción ao Mérito deportivo de Galicia.[4] Ao comezo da temporada baloncestística 2016−17 recibe a homenaxe por parte do Breogán polo cincuenta aniversario do club.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.