poeta español From Wikipedia, the free encyclopedia
José María Gabriel y Galán, nado en Frades de la Sierra (Salamanca) o 28 de xuño de 1870 e finado en Guijo de Granadilla (Cáceres) o 6 de xaneiro de 1905, foi un poeta que escribiu en castelán e estremeño.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xuño de 1870 Frades de la Sierra, España (pt) |
Morte | 6 de xaneiro de 1909 (38 anos) Guijo de Granadilla, España (pt) |
Causa da morte | Apendicite |
Actividade | |
Ocupación | escritor, poeta |
Partido político | Comunión Tradicionalista |
Xénero artístico | Poesía |
Familia | |
Irmáns | Baldomero Gabriel y Galán |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Gabriel y Galán (José María), p.149) |
Fillo de campesiños propietarios das súas terras, pasou a infancia na súa localidade natal, asistindo á escola. Aos 15 anos trasladouse a Salamanca para continuar os seus estudos, sendo nesta época cando escribe os primeiros versos. Ao tempo traballa nun almacén de tecidos. En 1888 obtén o título de mestre de escola, sendo destinado a Guijuelo, a uns 20 quilómetros do seu lugar natal.
Ao pouco tempo vaise para Madrid a fin de continuar estudos na "Escola Normal Central". Non ficou alí moito, pois a cidade producíulle noxo (dío nalgunhas cartas de Modernópolis ).
É logo destinado para Piedrahita (Ávila). O seu estado de ánimo é baixo, asinando as cartas aos seus irmáns como O Solitario.
O xove mestre está a se perfilar xa como un mozo triste, melancólico, moi sensíbel e de profundas convicións relixiosas (recibidas da súa mai, Bernarda), que se translocen nos seus poemas. Coñece á que será súa dona, Desideria, e a que chama cariñosamente mi vaquerilla, en 1893. Desde entón sofre un cambio radical. Casan o 26 de xaneiro de 1898 en Plasencia.
Abandona o seu posto de mestre, para trasladarse a Guijo de Granadilla, onde pasa a administrar a dehesa "El Tejar", propiedade dun seu tío e a súa esposa. Aló encontra o tempo e sosego que precisa para madurar a súa poesía.
Cando nace seu primeiro fillo (Jesús, 1898) compón El Cristu benditu, a primeira das súas famosas Estremeñas.
Falece o 6 de xaneiro de 1905, a consecuencia dunha pulmonía mal curada.
O concello de Guijo de Granadilla mantén a casa que habitou, como museo, no que se mostran obxectos persoais do poeta, doados polos seus herdeiros.
A súa obra poética apártase do modernismo, pois é conservadora en estrutura e temática: defende a tradición, a familia, a estirpe, o dogma católico ou a descansada vida campestre.
Poemarios:
A obra de Gabriel y Galán influíu noutros poetas estremeños especialmente en Luis Chamizo Trigueros e Mario Simón Arias-Camisón.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José María Gabriel y Galán |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.