político español From Wikipedia, the free encyclopedia
José Luis Villar Palasí, nado en Valencia o 30 de outubro de 1922 e finado en Madrid o 7 de maio de 2012, foi un intelectual, xurista e político español,[1] subsecretario do Ministerio de Comercio (1962-1965), Ministro de Educación desde o 17 de abril de 1968 ao 11 de xuño de 1973[2] e Presidente do Consello Superior de Investigacións Científicas de 1971 a 1973.
Villar Palasí foi pai da EXB en 1970. Estableceu a obrigación de escolarizar aos nenos ata os catorce anos de idade e introduciu o estudo das linguas e literaturas rexionais no sistema educativo público.
Impulsou a Lei Xeral de Educación e Financiamento da Reforma Educativa, que supuxo un importante esforzo de modernización do sistema educativo, entre cuxos principais fitos destacan o ensino primario obrigatorio ata os catorce anos, coa Educación Xeral Básica (EXB), e creou a Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). A reforma educativa, ademais de establecer a EGB, creou o Bacharelato Unificado Polivalente (BUP) e a Formación Profesional (FP). Entre outras prerrogativas, a nova norma establecía que nas rexións nas que ademais do español se utilizase outra lingua se estudase, obrigatoriamente, unha materia desta lingua.
Son obras súas varios libros relacionados co Dereito Administrativo, o seu principal ámbito de especialización: Observaciones sobre el sistema fiscal español, Justo precio y transferencias colectivas, Apuntes de Derecho Administrativo, Derecho Administrativo, Los jurados de empresa e Administración y planificación;[3] así mesmo colaborou en revistas xurídicas españolas e estranxeiras.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.