piloto galego de rallys From Wikipedia, the free encyclopedia
José Luis Vilanova Pérez, nado en Lugo, é un ex piloto de rallys galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Lugo, España |
Actividade | |
Ocupación | piloto de rally |
Deporte | rally |
Familia | |
Parentes | Pedro Burgo Vilanova, sobriño Marcos Burgo Vilanova, sobriño |
Competiu durante anos no Campionato de Galicia de Rally, logrando dúas vitorias, varios podios e o subcampionato de 1984. Disputou tamén probas do Campionato de España e da Copa de España entre outros. Competía principalmente cun Porsche 911 SC.
É tío dos irmáns Pedro e Marcos Burgo, dúas veces subcampións de España e tres veces campións de Galicia.[1]
Comezou nos rallys a finais dos anos 70, logrando xa en 1979 un oitavo posto no Rally Rías Baixas, pilotando un Renault 5 Alpine,[2] e un noveno posto no Rally de Ourense de 1980 co mesmo coche.[3] A continuación competiu cun Fiat 124 Spider, co que quedou segundo no Rally dos Pazos de 1981.
Ese mesmo ano adquiriu un Porsche 911 SC, preparado en Francia polos irmáns Alméras.[4] Con este vehículo logrou numerosos podios durante os seguintes anos, así como dúas vitorias absolutas. A primeira das súas vitorias foi no Rally das Pontes de 1982, onde aproveitou unha saída de pista de Luis Barrio para arrebatarlle a primeira posición e gañar a proba xunto ao seu copiloto Moreno.[5] A segunda vitoria logrouna no Critérium Arrojo de 1984, con Eladio Anllo como copiloto, e despois dun novo duelo con Barrio.[6] Ese ano quedou ademais segundo nos rally de Noia, Lacón e Coruña, chegando á última proba na segunda posición da xeral e con opcións de proclamarse campión.[7][8] Con todo, o título foi finalmente para Carlos Piñeiro.[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.