Remove ads
político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
José Luis Coedo Novo, nado en 1949, é un político e empresario galego, que foi alcalde das Nogais durante dúas décadas.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1949 (74/75 anos) valor descoñecido |
Alcalde das Nogais | |
1987 – 2011 ← Xosé Espín Mejía – Jesús Núñez Díaz → | |
Actividade | |
Ocupación | político, empresario |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
Foi elixido alcalde das Nogais logo das eleccións de 1987. Renovou o cargo repetidas veces (1991, 1995, 1999, 2003), sempre con maioría absoluta, pero nas eleccións de 2007 conservou o bastón de mando malia perder a absoluta. Nos comicios de 2011 foi derrotado por primeira vez en 24 anos polo candidato do Partido Popular, Jesús Núñez Díaz.
En 2011 foi xulgado porque o vertedoiro municipal carecía de licenza, pero resultou absolto[1]. En 2013 foi xulgado de novo, desta volta por malversación de fondos no seu tempo como alcalde, e el mesmo recoñeceuse culpable. Foi condenado a dous anos de prisión, ademais de a unha pena de inhabilitación[2].
Empresarialmente é propietario de establecementos de hostalaría. É o autor da guía Os Ancares: turismo rural, publicada en 1997.
Predecesor: Xosé Espín Mejía |
Alcalde das Nogais 1987 - 2011 |
Sucesor: Jesús Núñez Díaz |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.