profesor e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Xosé Henrique Rafael Tello León, nado en Corcubión o 24 de outubro de 1951, é un profesor e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de outubro de 1951 (72 anos) Corcubión, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Licenciado en Filosofía e Letras pola USC. Foi secretario nacional da Unión de Traballadores do Ensino de Galicia (1978-1983). Militante do BN-PG dende 1979 e do BNG desde a súa fundación. Foi elixido parlamentario pola provincia da Coruña nas eleccións autonómicas de 1993.[1] Foi concelleiro no concello da Coruña dende 1995. Volveu ser elixido parlamentario nas autonómicas de 1997 e 2001.
En xuño de 2002 deixou o escano no Parlamento para dedicarse en exclusiva ao labor de portavoz do BNG no concello da Coruña.[2]
En 2007 é nomeado tenente de alcalde de Turismo e Promoción Económica tras perder a maioría absoluta o PSdeG-PSOE nas eleccións municipais dese mesmo ano.
Crítico coa liña maioritaria do BNG, en 2010 perdeu o liderado da organización na Coruña en favor de Xosé Manuel Carril, polo que non se presentaría ás eleccións municipais de 2011[3]. Após a súa etapa no Concello retomou a súa actividade docente no IES de Elviña. En 2012, xunto con Mario López Rico e Margarida Vázquez anunciou a súa baixa no BNG[4].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.