José Antonio Fernández Romero
tradutor español From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
José Antonio Fernández Romero, nado en Ponteareas o 5 de xullo do 1931 e finado en Vigo o 19 de decembro do 2011, foi un profesor universitario e tradutor galego especializado nas linguas nórdicas.[1]
Remove ads
Traxectoria
Fernández Romero doutorouse en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid, cunha tese sobre as perífrases verbais en castelán e sueco.[1][2] Posteriormente, graduouse en Filoloxía Islandesa pola Universidade de Islandia.[1]
Foi profesor titular da Universidade de Vigo.[1] Entre o 1952 e o 1978, foi tamén profesor de castelán en varias universidades de Islandia, Finlandia e Suecia, incluída a propia Universidade de Islandia.[1] Traduciu a Halldór Laxness, Jóhann Hjálmarsson e Hans Christian Andersen, entre outros autores.[3]
No ano 1982, coa colaboración de Valentín Arias, verteu ao galego o libro Lendas islandesas, de Skúlli Gíslason, unha serie de contos populares islandeses.[4] Cada relato incluído nesta escolma conta cunha introdución para explicar e contextualizar o seu tema.[4]
En 1996 recibiu o Premio Nacional de Tradución de España pola antoloxía Poesía nórdica, traducido en conxunto con Francisco Uriz.[5][6][7] Esta obra reúne poemas de case 150 autores dos países nórdicos.[8]
Fernández Romero faleceu en Vigo o 19 de decembro do 2011, aos 80 anos de idade. No 2012, a Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo inaugurou o Salón de Graos "José Antonio Fernández Romero" na súa memoria.[9]
Remove ads
Obra en galego
- Gíslason, Skúli (1982). Lendas islandesas. Tradución ao galego de Valentín Arias e José Antonio Fernández Romero. Prólogo de José Antonio Fernández Romero. Edicións Xerais de Galicia.[10]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads