Joinville
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Joinville é a máis grande cidade do Estado brasileiro de Santa Catarina (mais non é a súa capital). Foi fundada en 1851 por 191 familias de inmigrantes, orixinarias de Alemaña, Suíza e Noruega.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | Santa Catarina | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 616.323 (2022) (547,3 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.126,106 km² | ||||
Altitude | 4 m | ||||
Comparte fronteira con | Araquari (pt) Jaraguá do Sul São Francisco do Sul (pt) Guaramirim (pt) Campo Alegre (pt) Garuva (pt) Schroeder (pt) | ||||
Creación | 9 de marzo de 1851 | ||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | câmara de vereadores de Joinville (pt) Circunscrición: 0, (Escano: 19) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 89200-000 | ||||
Prefixo telefónico | 047 | ||||
Código de concello do Brasil | 4209102 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | joinville.sc.gov.br |
As súas terras localízanse xunto ao río Cachoeira, non moi distante do litoral. A sede do municipio sitúase a uns 4,5 m sobre o nivel do mar. Hai algunhas montañas próximas cubertas por vexetación remanecente da Mata Atlántica.
Joinville ten ese nome pois foi fundada en terras de François Ferdinand Philippe, príncipe de Joinville e marido da irmá do emperador Pedro II do Brasil, Dona Francisca. As terras foron un regalo do casamento. O príncipe e Dona Francisca xamais visitaron as terras, mais unha casa foi construída para eles, que é hoxe o "Museu Nacional de Inmigración e Colonización Palacio dos Príncipes de Joinville". Non obstante, os primeiros habitantes da rexión foron os indios tupis e guaranís, feito comprobado por 40 sitios arqueolóxicos encontrados nas súas proximidades.
Entre os anos 1950 e 1980 a cidade tornouse eminentemente industrial, e recibiu a denominación de Manchester catarinense.
Hoxe a súa produción industrial é escoada por estradas para outras rexións do Brasil (ten acceso fácil ao sur do Brasil e Mercosur, e tamén a Curitiba, e desta até Sao Paulo e Río de Xaneiro), e por ferrocarril até os portos de Itajaí e de São Francisco do Sul, situados uns 40 e uns 90 km da cidade, respectivamente. Tamén posúe unha Universidade privada - UNIVILLE - e algúns cursos da Universidade estatal - UDESC.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.