Remove ads
cantante español From Wikipedia, the free encyclopedia
Joaquín Pérez Fuertes, máis coñecido como Joaquín Pixán , nado en Pixán, Cangas del Narcea é un tenor asturiano.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Joaquín Pérez Fuertes 4 de marzo de 1950 (74 anos) Cangas del Narcea, España |
Educación | Real Escuela Superior de Arte Dramático Superior Singing School of Madrid (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante de ópera |
Período de actividade | 1966 - |
Xénero artístico | Ópera, zarzuela, Música espanhola (pt) e Música da Itália (pt) |
Profesores | Félix Lavilla e Miguel Zanetti (en) |
Tesitura | Tenor |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | EMI Naxos (en) |
Gaña o seu primeiro concurso en Radio España de Madrid ós 13 anos. Inicia a súa formación ós 16 anos na Escola de Arte Dramática de Madrid, continuando os seus estudos na Escola Superior de Canto de Madrid, onde estudaría baixo a dirección de Lola Rodríguez Aragón e Carmen Pérez-Durías, así como cos mestres Félix Lavilla e Miguel Zanetti.
Debuta en 1976 no Teatro de la Zarzuela de Madrid con El caserío, de Jesús Guridi. Tamén canta no mesmo teatro Los vagabundos, de Manuel Moreno-Buendía (estrea mundial) e Los gavilanes, de Jacinto Guerrero.
En 1978, realiza un curso da man de Tito Capobianco, director xeral do Teatro de Opera de San Diego, director de escena e empresario nos Estados Unidos. Con el representa óperas como La bohème, Manon Lescaut ou Lucia di Lammermoor.
En 1979 ingresa na escola da Scala de Milán con bolsas da Fundación Humboldt, empresa ALSA e Banco Herrero. Na Scala estuda, entre outros, con Gina Cigna e Antonio Beltrami, pianista habitual de Victoria de los Ángeles. En Milán coñece a Alfredo Kraus, o seu referente vocal e artístico.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.