político español From Wikipedia, the free encyclopedia
Joan Clos i Matheu, nado en Parets del Vallès o 29 de xuño de 1949, é un político catalán que foi alcalde de Barcelona desde setembro de 1997 ata setembro de 2006 e dende ese momento ata abril de 2008, ministro de Industria, Comercio e Turismo de España.
Posteriormente foi embaixador de España en Turquía e en Acerbaixán. Desde outubro de 2010, é Director Executivo do Programa de Nacións Unidas para os Asentamentos Humanos (ONU HABITAT).
Graduado na primeira promoción da Universidade Autónoma de Barcelona, Joan Clos cursou os seus estudos no Hospital de Sant Pau de Barcelona. Traballa no Centro de Análise e Programas Sanitarios (CAPS) unha vez licenciado en Medicina. Tras varios anos de exercicio profesional como anestesista, cambia radicalmente a súa traxectoria profesional e se orienta cara á epidemioloxía, a medicina comunitaria e a xestión de recursos sanitarios. Cursa estudos de especialización na Universidade de Barcelona e en Estados Unidos e en 1977 estuda Saúde Pública e Epidemioloxía na Universidade de Edimburgo. Entre os anos 1981 e 1991 foi presidente da Sociedade Española de Epidemioloxía e da Sociedade Española de Saúde Pública e Administración Sanitaria.
En 1979 integrouse no goberno municipal de Barcelona como director dos Servizos Sanitarios. En 1983 resultou elixido concelleiro do Concello de Barcelona pola lista do PSC. Foi responsable da Área de Saúde Pública. En 1987 foi nomeado Concelleiro do distrito de Ciutat Vella. Catro anos despois, en 1991, foi nomeado segundo tenente de alcalde, con responsabilidade directa sobre o ámbito de Organización, Economía e Facenda.
O 26 de setembro de 1997 substitúe a Pasqual Maragall como alcalde de Barcelona. En 1999 foi elixido para un mandato de catro anos, sendo reelixido nas eleccións municipais celebradas o 25 de maio de 2003.
O seu mandato como alcalde está caracterizado pola concepción, preparación e celebración do controvertido primeiro Fórum Universal das Culturas, celebrado en Barcelona no verán de 2004, e a conseguinte reurbanización da área do Besòs e Diagonal Mar. Un proxecto de reordenación urbanística dez veces maior ó que experimentou a cidade con motivo dos Xogos Olímpicos de 1992. Tamén puxo en marcha o proxecto 22@ , un novo barrio tecnolóxico que se constrúe sobre o vetusto Poblenou, e a remodelación de La Sagrera ante a inminente chegada do tren de alta velocidade (AVE) á cidade condal.
En setembro de 2006 cesa na alcaldía de Barcelona tras nove anos de mandato, ó ser nomeado polo presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, como novo ministro de Industria, Comercio e Turismo. Substituíu nese cargo ó líder do PSC José Montilla, que deixou o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para liderar as listas do PSC nas eleccións ó Parlamento de Cataluña que se celebraran o 1 de novembro de 2006. O seu sucesor á fronte da alcaldía de Barcelona foi Jordi Hereu i Boher. En abril de 2008 foi substituído como ministro por Miguel Sebastián e pasou a ocupar o cargo de embaixador en Turquía, ao que en 2009 sumou o de embaixador na República de Acerbaixán. Ocupou o cargo de embaixador en Turquía ata novembro de 2010.
Desde outubro de 2010, é Director Executivo do Programa de Nacións Unidas para os Asentamentos Humanos (ONU HABITAT).
Predecesor: Pasqual Maragall |
Alcalde de Barcelona 1997 - 2006 |
Sucesor: Jordi Hereu |
Predecesor: José Montilla |
Ministro de Industria, Turismo e Comercio 2006 - 2008 |
Sucesor: Miguel Sebastián |
Predecesor: Luis Felipe Fernández de la Peña |
Embaixador de España en Turquía e Acerbaixán 2008 - 2010 |
Sucesor: Cristóbal González-Aller Jurado |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.