Jean Le Rond d'Alembert

filósofo francés From Wikipedia, the free encyclopedia

Jean Le Rond d'Alembert

Jean Le Rond d'Alembert, nado en París en 1717 e finado en París en 1783, foi un matemático e filósofo francés, célebre por ser un dos editores da Encyclopédie con Denis Diderot.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Jean Le Rond d'Alembert
Thumb
Biografía
Nacemento(fr) Jean Baptiste Louis d’Aremberg
16 de novembro de 1717
París (Reino de Francia)
Morte29 de outubro de 1783 (65 anos)
París (Reino de Francia)
Lugar de sepulturaCatacumbas de París (1825–)
cimetière Saint-Eustache (en) , unmarked (–1825) 48°52′33″N 2°20′22″L
9º Perpetual secretary of the French Academy (en)
9 de abril de 1772 – 29 de outubro de 1783
 Charles Pinot DuclosJean-François Marmontel 
6º Cadeira 25 da Academia Francesa (pt)
28 de novembro de 1754 – 29 de outubro de 1783
 Jean-Baptiste Surian (pt) Marie-Gabriel-Florent-Auguste de Choiseul-Gouffier (pt)  
Datos persoais
RelixiónAteísmo
EducaciónUniversidade de París - dereito (–1738)
Collège des Quatre-Nations (–1735)
Director de teseLéonor Caron
Actividade
Campo de traballoMatemáticas e mecánica
Ocupaciónfilósofo, Enciclopedista, teórico da música, enxeñeiro, astrónomo, lexicógrafo, escritor, musicólogo, tradutor, matemático, físico, Intelectual
Membro de
MovementoLumières (en)
Compañeiro profesionalDenis Diderot: Diderot et d'Alembert (en)
Obra
Obras destacables
DoutorandoPierre Simon Laplace
Familia
ParellaJulie de L'Espinasse
PaisLeopold Filips van Arenberg
Louis-Camus Destouches   e Claudine Guérin de Tencin
ParentesLouis-Camus Destouches, may be father (presumiblemente)
Premios
Sinatura Thumb

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica (9ª edición)
Dialnet: 1261009 WikiTree: Le_Rond-5
Pechar
Thumb
Retrato d'Alembert por Quentin de la Tour

Traxectoria

Fillo ilexítimo da escritora Claudine Guérin de Tencin e dun oficial de artillaría, uns días máis tarde do seu nacemento foi abandonado pola súa nai na Igrexa de Saint-Jean-le-Rond de París.
En 1729 entra no colexio xansenista de Quatre-Nations, no que se graduou no ano 1735, pasando á escola de leis, e en 1738 foi nomeado avogado.
En 1739, presenta o seu primeiro traballo matemático sobre os erros atopados en L'analyse démontrée (1708) de Charles René Reynaud, ata entón considerado estándar. En 1740 escribe Mémoire sur la refraction des corps solides, no que explica a teoría da refracción, tamén escribe sobre o que agora se chama Paradoxo D'Alembert: no que demostra que non existe resistencia ao movemento dun corpo cando este se move a través dun fluído ideal (non viscoso).

En Traité de dynamique, enuncia o Teorema de d'Alembert ou Teorema Fundamental da Álxebra que di que toda ecuación, do grao que sexa, sempre ten (cando menos) unha solución, ben sexa un número real ou un número complexo.
En 1746 Diderot convénceo para participar na redacción dunha enciclopedia onde se recollese todo o saber da época, D'Alembert escribe o Discours préliminaire e a meirande parte dos artigos de matemáticas e ciencias. En 1751 aparece o primeiro tomo. En 1757 D'Alembert arrédase do proxecto.

Obras

  • Mémoire sur le calcul intégral (1739)
  • Traité de dynamique (1743)
  • Traité de l'équilibre et du mouvement des fluides (1744)
  • Réflexions sur la cause générale des vents (1746),
  • Recherches sur les cordes vibrantes (1747),
  • Recherches sur la précession des équinoxes et sur la nutation de l'axe de la terre (1749),
  • Éléments de musique (1752),
  • Mélanges de littérature et de philosophie (2 tomos 1753, 5 tomos 1759-1767),
  • Essai sur les éléments de philosophie (1759)
  • Opuscules mathématiques (8 tomos 1761-1780).
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.