From Wikipedia, the free encyclopedia
«Jarama Valley» (O val do Jarama) é unha canción da Guerra civil española. Ten a base na melodía de «Red River Valley» (O val do Río Vermello), canción folclórica dos EUA.
Trata sobre a batalla do Xarama, que se librou do 6 ao 27 de febreiro de 1937 preto do río Xarama, a poucos quilómetros ao leste de Madrid. As tropas do xeneral Francisco Franco, o exército colonial da África española experimentado e ben instruído, asaltaron as posicións dos voluntarios das Brigadas Internacionais, inexpertos e insuficientemente equipados, en particular o Batallón Británico e o Batallón Dimitrov.
A batalla, na práctica, rematou en empate, mais foi unha das máis cruentas da guerra. As baixas do bando sublevado foron entre 6 000 e 7 000, e entre 9 000 e 10 000 no bando republicano. O batallón británico perdeu 225 dos seus 600 membros, e o Batallón Lincoln perdeu 125 de 500.[1]
A versión máis antiga que se coñece foi escrita por Alex McDade, do Batallón Británico, integrado na XV Brigada Internacional. Foi publicada en 1938 en The Book of the XV International Brigade polo Comisariado de Guerra.[2]
É unha típica canción militar sobre as penalidades dos soldados. McDade era un obreiro de Glasgow que alcanzou o posto de comisario político na XV Brigada, responsábel do benestar das tropas. Ferido no Xarama, caeu na batalla de Brunete o 6 de xullo de 1937.
A versión orixinal de McDade foi modificada posteriormente e publicada o 8 de xaneiro de 1939 en Londres para unha reunión conmemorativa de veteranos do batallón.
Versión orixinal |
Versión de 1939 |
Tamén se realizou unha versión máis curta, en tres estrofas, adaptada para a Brigada Lincoln. Foi adoptada como himno por estes veteranos, e gravada polos cantantes Woody Guthrie e Pete Seeger.[4][5][6]
Jarama Valley |
O Val do Xarama |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.