Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
James Agee, nado en Knoxville, Tennessee, o 27 de novembro de 1909 e finado en Nova York o 16 de maio de 1955, foi un escritor estadounidense e un dos máis importantes críticos cinematográficos nos Estados Unidos entre 1930 e 1950.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) James Rufus Agee 27 de novembro de 1909 Knoxville, Estados Unidos de América |
Morte | 16 de maio de 1955 (45 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Educación | Universidade Harvard Knoxville High School (en) St. Andrew's-Sewanee School (en) Phillips Exeter Academy Eliot House (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estados Unidos de América |
Ocupación | guionista, escritor, crítico, crítico de cinema, autobiógrafo, novelista, xornalista, poeta, director de cinema |
Representante | Light Cone |
Obra | |
Obras destacables | |
Arquivos en |
|
Familia | |
Fillos | Joel Agee |
|
Perdeu a seu pai aos seis anos nun accidente de automóbil, pasou a infancia en internados para rapaces sobre todo o Phillips Exeter Academy en Nova Hampshire. Licenciouse en Harvard, onde foi presidente de Harvard Advocate(1931), despois de se graduar escribiu para Time, The Nation e Forbes, en 1934 editou o seu primeiro e único volume de poesía, Permit me Voyage, escrito na maior parte durante os anos pasados en Harvard.
En 1936 comeza a traballar para Fortune, e no verán dese ano pasou seis semanas co fotógrafo Walker Evans vivindo cunha familia de granxeiros pobres en Alabama, os artigos nunca foron publicados en Fortune, pero apareceu como libro en 1941, Let Us Now Praise Famous Men.
Agee traballou como guionista para moitas películas de Hollywood, a máis importante foi A raíña de África de John Huston, baseada nunha novela de C.S. Forester, o que lle valeu o Oscar ó mellor guión adaptado.
En 1954 escribiu o guión de The Night of the Hunter, baseado nunha novela de Davis Grubb. En 1951 sufriu o primeiro dunha serie de ataques ao corazón, que non pararían ata a súa morte aos 45 anos.
A súa novela autobiográfica A Death in The Family 1957 gañou postumamente o Premio Pulitzer.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.