Remove ads
historiador francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Jacques Le Goff, nado en Toulon, Francia, o 1 de febreiro de 1924 e finado en París o 1 de abril de 2014, foi un historiador francés especialista na Idade Media.
Vinculado á Escola de Estudos Superiores en Ciencias Sociais de París, foi un destacado representante da Nouvelle histoire, facendo fincapé na historia a longo prazo, fuxindo da historia dos grandes homes tan característica do século XIX e propugnando unha historia das mentalidades, isto é, das representacións colectivas e das estruturas mentais das sociedades. Para Le Goff, a Idade Media formou unha civilización propia, distinta da Antigüidade e da Idade Moderna, coherente na súa organización social e económica e cuberta por un sistema de representacións homoxéneo.
Dedicou a súa atención tamén aos estudos de antropoloxía histórica, no ámbito medieval da Europa occidental. Receou da denominación de Idade Media para esta época histórica e da súa cronoloxía, resaltando os logros acadados neste período e poñendo énfase no que el considerou o rexurdimento do século XII. Neste contexto, adoptou unha posición equidistante entre os detractores e os entusiastas da Idade Media.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.