István Szabó, nado en Budapest o 18 de febreiro de 1938, é un director de cinema, guionista e director de ópera húngaro. Szabó é o máis recoñecido director de cinema húngaro dende finais da década de 1960. Traballando na teoría de autor europea, fixo filmes que representan moitos dos conflitos políticos e psicolóxicos da historia recente de Europa Central, así como sobre a súa propia historia persoal. Rodou a súa primeira curtametraxe en 1959 como estudante da Academia Húngara de Artes Teatrais e Cinematográficas, e a súa primeira longametraxe en 1964.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
István Szabó (2004) |
|
Nacemento | 18 de febreiro de 1938 (86 anos) Budapest (Hungría)
|
---|
Educación | University of Theatre and Film Arts (en) (–1961) |
---|
|
Ocupación | director de cinema, actor de cinema, guionista, escritor, prosista |
---|
Período de actividade | 1959 - |
---|
Membro de | |
---|
|
Cónxuxe | Vera Gyürey |
---|
|
- (2014) National Artist Award (en)
- (2007) Master of Hungarian Motion Picture (en)
- (2005) Medalla Pushkin
- (2002) Commander with Star of the Order of Merit of Hungary (en)
- (2001) Hazám-díj (en)
- (1999) Premio do Cinema Europeo ao mellor guionista, premiado polo traballo Sunshine (pt)
- (1998) Kölcsey memorial plaque (en)
- (1996) cidadán de honra de Budapest
- (1994) Medalla Goethe
- (1992) Premio do Cinema Europeo ao mellor guionista, premiado polo traballo Édes Emma, drága Böbe
- (1992) Grand Prix do Júri (pt) , premiado polo traballo Édes Emma, drága Böbe
- (1986) BAFTA ao mellor filme, premiado polo traballo Redl ezredes
- (1985) Prêmio do Júri do Festival de Cannes (pt) , premiado polo traballo Redl ezredes
- (1985) Great Artist of Hungary Award (en)
- (1982) Meritorius Artist of Hungary (en)
- (1982) David di Donatello for Best International Film (en) , premiado polo traballo Mephisto
- (1981) Premio do Festival de Cannes ao mellor guión, premiado polo traballo Mephisto
- (1980) Oso de Prata á mellor dirección, premiado polo traballo Bizalom
- (1975) Premio Kossuth
- (1967) Béla Balázs Award (en)
- Награда Александар Лифка (en)
|
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, NFF Archief |
---|
|
Pechar
Acadou o seu maior éxito internacional con Mephisto (1981), co cal gañou o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa. Dende entón, moitos dos filmes de Szabó foron coproducións internacionais rodadas en varias linguas e lugares de Europa. Tamén continuou facendo filmes en lingua húngara, e mesmo nas súas coproducións internacionais, fai a rodaxe en Hungría e emprega un elenco húngaro. Szabó viuse involucrado nunha controversia no ano 2006 cando o xornal húngaro Élet és Irodalom revelou que el fora un informante da policía secreta do réxime comunista.