Irlanda do Sur

From Wikipedia, the free encyclopedia

Irlanda do Surmap

Irlanda do Sur (en inglés: Southern Ireland, en irlandés: Deisceart Éireann) foi unha rexión autónoma do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda establecida o 3 de maio de 1921, aínda que non foi plenamente efectiva até o 1 de xaneiro de 1922. Foi disolta o 6 de decembro mediante a sinatura do Tratado angloirlandés e substituída polo Estado Libre Irlandés.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Irlanda do Sur
Thumb
Thumb

Localización
Thumb Thumb
 53°N 8°O
EstadoReino Unido
CapitalDublín
Poboación
Lingua oficiallingua inglesa
lingua irlandesa
Datos históricos
Creación3 de marzo de 1921
Disolución6 de decembro de 1922
Sucedido porEstado Libre Irlandés
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucional

Pechar

Antecedentes

A sinatura da Home Rule en Irlanda permitiu partir a illa de Irlanda en dúas zonas:

  • Irlanda do Norte, cunha extensión de aproximadamente do 15% da illa.
  • Irlanda do Sur

Ambas rexións tiñan parlamentos bicamerais e executivos separados, porén unidos pola figura do Lord Tenente, que era o representante do Rei do Reino Unido. Así mesmo tamén existía o Consello de Irlanda, que os ingleses prometeron aos nacionalistas que se convertería no embrión dun parlamento panirlandés.

Home Rule

Véxase tamén: Home Rule en Irlanda.

O establecemento do Home Rule foi pensado para proporcionar unha solución ao problema que molestara a política irlandesa dende a década de 1880, as demandas establecidas entre unionistas e nacionalistas irlandeses. Estes últimos desexaban poder gobernar sen necesidade dun ditame de Londres e do Palacio de Westminster, á vez que os unionistas temían que un goberno nacionalista establecido a Dublín discriminaría os protestantes e imporía elevadas taxas aos condados industriais da illa, dominados esencialmente por anglicanos e presbiterianos.

Os unionistas, ante esta ameaza nacionalista, importaron armas dende o Imperio Alemán e crearon o Corpo de Voluntarios do Ulster para previr a imposición alí do "Home Rule". En resposta a este armamento os nacionalistas crearon o corpo de Voluntarios Irlandeses. A partición de Irlanda foi pensada como solución temporal ao problema, permitindo a Irlanda do Norte e Irlanda do Sur un goberno por separado como rexións do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda.

Historia

Eleccións xerais de 1921

En realidade mentres que Irlanda do Norte converteuse nunha entidade plenamente funcional, cun parlamento e un executivo que existiron até que se prorrogaron en 1972, Irlanda do Sur nunca foi unha realidade. O parlamento previsto foi boicoteado polos parlamentarios do Sinn Féin, que en 1918 instituíran un parlamento paralelo á marxe da Lei de 1920: o Dáil Éireann ou Asemblea de Irlanda. En 1921, na votación para a constitución do Parlamento de Irlanda do Sur, o Sinn Féin conseguiu 124 dos 128 escanos do parlamento. En xuño de 1921, cando oficialmente empezaban as sesións do parlamento, só se presentaron os catro representantes que conseguiron os unionistas e algúns senadores designados dende Londres. Por tanto, o parlamento desta rexión nunca se constituíu formalmente.

O estado de Irlanda do Sur, ao contrario que o do Norte, nunca tivo unha existencia autónoma, e a súa soberanía nunca pasou do papel escrito. Acabou sendo eclipsado pola República Irlandesa entre 1919-1922, que tiña un apoio social maioritario e, máis tarde, confirmaríase a súa desaparición coa creación do Estado Libre Irlandés.

Tratado angloirlandés

Artigo principal: Tratado angloirlandés.

Segundo o dereito británico o Dáil Éireann non tiña ningunha existencia legal ou constitucional. O parlamento irlandés válido seguía sendo a Cámara dos Comúns de Irlanda do Sur. Con todo, segundo os republicanos, o Dáil era o parlamento lexítimo da República de Irlanda. Consecuentemente o tratado angloirlandés, asinado polos representantes dos gobernos británicos e irlandeses no ano 1921, foi sometido a ambas as asembleas que realmente eran ocupadas polos mesmos membros (a pesar de que os membros do Sinn Féin non formaban parte da Cámara dos Comúns e os unionistas do Dáil Éireann por decisión propia). En decembro de 1921 o Dáil ratificou o tratado e en xaneiro de 1922 fixóo a Cámara dos Comúns irlandesa.

O Estado Libre Irlandés

Artigo principal: Estado Libre Irlandés.

Finalmente os dous parlamentos uniron os seus poderes, e Michael Collins foi escollido en xaneiro de 1922 Presidente do Goberno Provisional Irlandés, sendo Arthur Griffith nomeado presidente do Dáil Éireann. Coa morte de Griffit e o asasinato de Collins en agosto do mesmo ano, William T. Cosgrave pasou liderar de forma interina o Goberno Provisional, conseguindo a sinatura da Constitución de 1922, que creou en decembro daquel ano o Estado Libre Irlandés.

Véxase tamén

Outros artigos

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.