Lingua irlandesa media

forma da lingua irlandesa falada entre o século X e o XII From Wikipedia, the free encyclopedia

Irlandés medio é o nome que lle deron os filólogos á forma da lingua irlandesa falada entre o século X ao XII; é, xa que logo, contemporáneo das fases finais do inglés antigo e iniciais do inglés medio.[1][2] As linguas goidélicas modernas: irlandés, gaélico escocés, e manx son todas descendentes do irlandés medio.

Datos rápidos Irlandés medio Gaoidhealg, Códigos de lingua ...
Irlandés medio
Gaoidhealg
Pronuncia:/ˈɡɯːʝeɫɡ/
Falado en: Irlanda, Escocia, Illa de Man
Rexións: Europa occidental
Total de falantes: Ningún (evolucionou cara ao irlandés moderno)
Familia: Céltica
 Céltica insular
  Goidélica
   Irlandés medio
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: mga
ISO 639-3: mga
Mapa
Status
Pechar

Historia

O irlandés medio falouse en Irlanda e Escocia; desde o Munster ata a illa de Inchcolm no Mar do Norte. A súa extensión xeográfica fixo dela a máis estendida de todas as linguas insulares a finais do século XII, cando o inglés medio comezou a facer incursións en Irlanda e moitas das rexións célticas do norte e do oeste de Britania.

Poucas linguas europeas poden rivalizar no volume de literatura que nos legou o irlandés medio. Moita desta supervivencia é debida ao teimudos que foron uns poucos anticuarios irlandeses modernos, pero o simple volume de sagas, anais, haxiografías (etc) que sobreviviron mostra a confianza que tiñan os membros das instruídas ordes gaélicas medievais na súa lingua. Case todo o que sobreviviu vén de Irlanda, un pouco de Escocia e moi pouco da Illa de Man. O Lebor Bretnach, o "Nennio irlandés", só se conserva en manuscritos preservados en Irlanda; con todo, Thomas Owen Clancy hai pouco propuxo que foi escrito en Escocia, no mosteiro de Abernethy.[3]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.