futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Iriome González González, coñecido habitualmente como Iriome, nado o 22 de xuño de 1987 en Icod de los Vinos (Tenerife), é un futbolista profesional español da canteira do CD Tenerife, que xoga como centrocampista no Club Deportivo Lugo da Segunda División. Foi internacional coa selección española Sub-20.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 22 de xuño de 1987 (37 anos) Icod de los Vinos, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 186 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2007 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nado Icod de los Vinos, unha vila da illa canaria de Tenerife, Iriome é froito da canteira do principal equipo de fútbol masculino da illa, o CD Tenerife, chegando ao primeiro equipo na tempada 2006–07, estando o club na Segunda División, con tan só 19 anos. Ese primeiro ano xogou 20 partidos nos que chegou a conseguir catro goles. O seu primeiro partido foi mediada a tempada, concretamente o 14 de xaneiro de 2007, nun empate 0–0 ante o UD Salamanca.[1] O seu primeiro gol non tardaría en chegar, anotando catorce días despois ante o UD Almería, nun gol que contribuíu á vitoria por 2–1 contra o equipo andaluz.[2]
Na seguinte tempada xogou máis partidos, 31, volvendo a anotar outros catro goles. Con todo, na tempada 2008–09 só disputa 12 partidos, nun ano no que o Tenerife conseguiría o seu ascenso á máxima categoría. O seguinte ano o xogador sería cedido ao SD Huesca, onde disporía de máis minutos, regresando a Tenerife na seguinte tempada. Tras pasar polo Villarreal B e CD Mirandés, o 8 de xullo de 2014 asina polo CD Lugo.
Club | Categoría | Ano | PX | Goles |
---|---|---|---|---|
Tenerife | Segunda | 2006-2007 | 20 | 4 |
Tenerife | Segunda | 2007-2008 | 31 | 4 |
Tenerife | Segunda | 2008-2009 | 12 | 0 |
Huesca | Segunda | 2009-2010 | 26 | 1 |
Tenerife | Segunda | 2010-2011 | 20 | 2 |
Villarreal B | Segunda | 2011-2012 | 27 | 1 |
Villarreal B | Segunda B | 2012-2013 | 31 | 2 |
Mirandés | Segunda | 2013-2014 | 36 | 2 |
Lugo | Segunda | 2014-2015 | 39 | 5 |
Lugo | Segunda | 2015-2016 | 35 | 3 |
Lugo | Segunda | 2016-2017 | 38 | 0 |
Lugo | Segunda | 2017-2018 | 34 | 5 |
Lugo | Segunda | 2018-2019 | 34 | 3 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.